Río Adige
(it) Adige | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Italia | ||||
División administrativa | Provincia autónoma de Trento, Italia e Véneto, Italia | ||||
Localización | Passo de Récia (pt) | ||||
Final | |||||
Localización | Golfo de Veneza (pt) | ||||
Desembocadura | mar Adriático | ||||
| |||||
Afluentes | 20 | ||||
Conca hidrográfica | Adige basin (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 410 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 14.700 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 266 m³/s | ||||
O río Adige (alemán Etsch, ladino Adiç, trentino Ades, véneto Àdexe) é un río italiano.
Percurso
[editar | editar a fonte]Nace preto do Passo Resia (Reschenpass), na Alta Val Venosta (Hochvinschgau), no Alto Adige e desauga no mar Adriático, non lonxe de Chioggia. Por lonxitude - cerca de 410 km - é o segundo río italiano logo do Po e o 3° polo tamaño da conca, detrás do Po e o Tíber.
Atravesa as cidades de Trento, Verona, Legnago e baña Merano, Bolzano e Rovereto.
Os vales polos que corre reciben varios nomes: Val Venosta entre as fontes do nacemento e Merano, Val d'Adige entre Merano e Rovereto, Vallagarina entre Rovereto e Verona, e Val Padana entre Verona e a foz.
Conca
[editar | editar a fonte]A súa conca hidrográfica abrangue 12.200 km²: dos cales 7.200 corresponden ao Alto Adige, territorio que escoa nuns 140 km (é dicir, 1/3 do seu percurso completo).
Os seus principais afluentes son:
- o Río Ram (Rambach).
- o Río Passirio (Passer).
- o Río Isarco (Eisack).
- o Río Noce.
- o Río Avisio.
- o Río Fersina.
- o Río Leno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Adige |