Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Río Órbigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Órbigo
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Zamora, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEsla Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°59′24″N 5°42′23″O / 41.9899, -5.7065
Afluentes
Rio Luna (pt) Traducir, Cerrajera ditch (en) Traducir, Rio Omaña (pt) Traducir, Tuerto River (en) Traducir, Jamuz River (en) Traducir, Ería River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións162 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica4.995 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal38,81 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5591672

O río Órbigo é un curso fluvial das provincias de León e Zamora. A orixe do nome resulta explicábel polo éuscaro, como «dous ríos» "Ur-bikoa"[Cómpre referencia].

Descrición

[editar | editar a fonte]

O Órbigo nace da unión do río Luna, procedente da Serra dos Grajos e o río Omaña, procedente dos Montes de León, no concello de Llamas de la Ribera. Percorre de norte a sur a provincia de León, unindo as súas augas ás do río Esla por baixo de Benavente.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Entre os máis importantes tributarios do Órbigo son, pola beira dereita, estes: o río Duerna, o Tuerto, o Jamuz e mais o Ería. De entrada pola esquerda, está unicamente o río Luna.

Accidente tráxico

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Accidente do río Órbigo.

O 10 de abril de 1979 un autocar cheo de nenos vigueses caeu ao río Órbigo, á altura de Santa Cristina de la Polvorosa, levando por diante a vida de 49 persoas, 45 nenos e 4 adultos.

Existe unha teoría pola cal, o hoxe chamado río Luna debeu ser o verdadeiro Órbigo. Cóntase que en tempos do Conde Luna, este mandou cambiar o nome do curso fluvial, pondo o seu ás augas que se encontraban dentro do seu condado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]