Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Guicho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quisquelo»)
Guicho/Quisquelo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Orixe da raza
Orixe da raza

Orixe da raza

O guicho ou quisquelo é unha raza de cans de orixe galega. O seu nome vén das súas características orellas guichas. A súa función zootécnica é a de can de caza especializado na caza do coello de monte de Galicia, polo cal tamén recibe o nome popular de "coelleiro". Os bos exemplares en pureza non abundan, sendo moi solicitados e requiridos polos cazadores.

É unha raza de orixe indoeuropea, posiblemente unha das máis antigas da Península Ibérica, que foi traída probablemente polos pobos precélticos atlánticos e os celtas, xunto co resto das invasións nórdicas e xermánicas (suevos, bretóns, visigodos e normandos). Está emparentado co västgötaspets sueco, así como tamén co corgi galés de Pembroke.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Actualmente, distribúese por tódalas zonas de monte de coello de Galicia, nas provincias de Pontevedra (Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón e Agolada, entre outros), e Ourense (Oímbra, Verín ou A Mezquita), atopándose tamén de xeito esporádico algúns exemplares pola zona centro das provincias de Lugo e da Coruña.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

É un can de tipo lupoide, de perfil recto, de pequeno tamaño, mesomorfo, harmonioso nas súas proporcións, coas orellas guichas, de onde toma o nome (Guicho). As femias son lixeiramente máis miúdas e de proporcións máis lonxilíneas.

Sexo Altura Peso Tempo de vida
Machos 34–42 cm 8–12 kg 10 a 12 anos
Femias 30–38 cm 6–10 kg 12 a 14 anos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.