Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Psara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPsara
Imaxe

Localización
Mapa
 38°33′N 25°34′L / 38.55, 25.57
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Setentrional
Unidades periféricasChios Regional Unit (en) Traducir
ConcelloPsara Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación454 (2011) Editar o valor en Wikidata (11,22 hab./km²)
Xeografía
Superficie40,467 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude512 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal82x xx Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico22740 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdimospsaron.gr Editar o valor en Wikidata

Psara (grego: Ψαρά, Psará, anteriormente coñecida como Ψύρα, Psyra, ou Ψυρίη, Psyriī) é unha illa grega no mar Exeo. Xunto coa pequena illa deshabitada de Antípsara forma o municipio de Psara. forma parte da unidade rexional de Quíos, que é parte da rexión do Exeo Setentrional. A única cidade da illa e capital do municipio tamén se chama Psara.[1]

Psara tiña 448 habitantes segundo o censo de 2011. Ten un pequeno porto que a une á illa de Quíos e outras partes de Grecia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Psara atópase a 81 km ao noroeste de Quíos, 22 km desde a punta noroeste da illa de Quíos e a 150 km ao leste nordés de Atenas. A illa ten 7 km de largo por 8 km de longo e unha superficie de 43 km². O punto máis alto da illa é "Profitis Ilias" (512 m).

Bandeira de Psara durante a Guerra de Independencia grega

A bandeira de Psara está deseñada de tea branca bordeada de vermello cunha gran cruz vermella e as inscripciones do nome da illa "ΨΑ-ΡΑ" e as palabras Eleftheria i Thanatos (Liberdade ou morte) en letras vermellas. A cruz está de pé sobre unha media lúa ao revés, franqueada nunha banda por unha espada, e no outro por unha serpe morta por un paxaro.[2][3] The flag was carried during the War of Independence by Psariot ships[4]

Unha bandeira orixinal de Psara, consérvase no Museo Histórico Nacional de Grecia

Habitada desde o período micénico, os seus habitantes dependen do mar para vivir xa que a illa non ten árbores, é rochosa, e con poucos arbustos. Homero fai a primeira referencia da illa como Psyra.[5][6]
A única fonte de ingresos dos insulares sempre foi a pesca, sobre todo pola a abundante lagosta local, o transporte marítimo, e un pequeno desenvolvemento turístico nos últimos anos.

A destrución de Psara

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: destrución de Psara.
Logo da destrución de Psara por Nikolaos Gyzis

Psara uniuse á Guerra de Independencia grega o 10 de abril de 1821. Uns destacados líderes navais nativos da illa da época foron os futuros primeiro ministro de Grecia Constantino Kanaris e Dimitrios Papanikolis. A illa foi invadida o 21 de xuño de 1824 pola armada otomá.

O 4 de xullo a resistencia dos Psariotas terminou coa última resistencia no antigo forte da cidade de Palaiokastro (nome alternativo Mavri Rachi, literalmente "cúme negro").[2] Centos de soldados e tamén as mulleres e os nenos refuxiáronse alí cando unha forza turca de 2000 homes asaltou o forte. Os refuxiados ondearon por primeira vez unha bandeira branca[7] coas palabras "Ἐλευθερία ἤ Θάνατος" ("Eleftheria i Thanatos", "Liberdade ou morte"). Entón, no momento en que os turcos entraron na fortaleza, o líder local Antonios Vratsanos acendeu unha mecha na polvoreira da fortaleza, provocando unha explosión que matou os alí refuxiados xunto cos seus inimigos. Permanecendo así fieis á súa bandeira ata a súa morte. Un oficial francés que oíu e viu a explosión comparouno cunha erupción volcánica do Vesuvio.[2]

Unha parte da poboación logrou fuxir da illa, pero os que non o lograron vendéronse como escravos ou resultaron mortos. Como resultado da invasión, milleiris de gregos atoparon un destino tráxico. A illa quedou deserta e os insulares superviventes dispersáronse a través do que hoxe é o sur de Grecia. Teófilo Kairis, un sacerdote e erudito, acolleu moitos dos nenos orfos e desenvolveu a famosa escola do Orphanotropheio de Teófilo Kairis.

A destrución de Psara polos turcos otománs, levouse a cabo en vinganza pola voadura da nave dun almirante turco polo revolucionario Dimitrios Papanikolis (que era de Psara), que inspirou ao poeta Andreas Kalvos para escribir o oda "Para Psara" (en grego: "Εἰς Ψαρά"), talvez máis famoso, o evento tamén inspirou ao poeta Dionysios Solomos o autor da Himno á Liberdade a escribir en 1825 un poema (ou epigrama) chamado "A destrución de Psara" (en grego: "Ἡ καταστροφὴ τῶν Ψαρῶν"):[8][9]

'Στῶν Ψαρῶν τὴν ὁλόμαυρη ράχη
Περπατῶντας ἡ Δόξα μονάχη.
Μελετᾷ τὰ λαμπρὰ παλληκάρια,
Καὶ 'ς τὴν κόμη στεφάνι φορεῖ
Γινομένο ἀπὸ λίγα χορτάρια
Ποῦ εἰχαν μείνῃ 'ς τὴν ἔρημη γῆ.

Na cúme de cor negra de Psara
A gloria camiña por si mesma tendo no
Campo de batalla aos brillantes homes novos
A coroa do seu cabelo enmarrañado
Deixando os últimos pastos
na terra abatida.

Poboación histórica

[editar | editar a fonte]
Ano Poboación Diferenza
1824 7.000[10]
1951 700
1961 576 - 17,71%
1971 487 - 15,45%
1981 460 - 5,54%
1991 438 - 4,78%
2001 422 - 3,65%
2011 446 + 5,69%
  1. Kallikratis law Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
  2. 2,0 2,1 2,2 "Greek Independence Day". Congressional Record (en inglés) 141 (55). H3796-H3804. 24 de marzo de 1995. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. Nations and States in Southeast Europe Arquivado 09 de maio de 2010 en Wayback Machine.,Center for Democracy and Reconciliation in South Eastern Europe. p.99
  4. "Η Ελληνική Σημάια", (The Greek flag) - Hellenic Army General Staff, Páxina 11, imaxe 14:[1] Arquivado 27 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  5. Homer, Odyssey, III http://classics.mit.edu/Homer/odyssey.3.iii.html Arquivado 19 de decembro de 2005 en Wayback Machine.
  6. Agelarakis A., "Report on the Main Burial of the Mycenaean Human Skeletal Remains excavated from Archontiki Site, Psara, Greece", OSSA 13 (1986-87): 3-11.
  7. "Typos, Cyprus newspaper". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  8. Jerome Rothenberg, Jeffrey Robinson (2009). Poems for the Millennium, Volume Three. University of California Press. p. 358. ISBN 978-0-520-25598-2. 
  9. Solomos, Dionysios (1901). Ἄπαντα τὰ εὑρισκόμενα (en Greek). Kostis Palamas (prologue). Atenas: P.D.Sakellarios. p. 99.  At the Anemi digital library.
  10. Finlay, George. History of the Greek Revolution and the Reign of King Otho (editado por H.F. Tozer). Oxford: Clarendon Press, 1877 (Reimpreso: Londres 1971), ISBN 978-0-900834-12-7, p. 152.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]