Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Proído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proído
Clasificación e recursos externos
Un home rañando no lombo
ICD-10L29
ICD-9698
DiseasesDB25363
MedlinePlus003217
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O proído[1] ou proício[2] é unha sensación peculiar ou irritación incómoda da pel que leva un desexo de rañar a parte en cuestión. Tamén é coñecido comunmente como coceira,[3] rañeira,[4] comichón[5] ou comechón.[6] O termo médico é prurito.[7]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O proído pode presentarse ben diseminado en diversas áreas do corpo (proído xeneralizado) ou nunha zona específica (proído localizado).

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Aínda que antigamente se pensaba que o proído era un tipo de dor de baixa intensidade, sábese que é unha sensación distinta á dor; que ten a súa propia liña de conexión co cerebro.[8]

O proído, xa sexa o localizado ou o xeneralizado, pode deberse a unha irritación química (por tocar unha determinada planta), causas ambientais (insolación de certa zona cutánea), urticaria, caspa, infeccións fungosas como o pé de atleta e a dentadas ou picaduras de parasitos na pel, no cabelo ou no pube (mosquitos, arañas, pulgas, piollos, carrachas, etc.).

O proído xeneralizado pode deberse a doenzas infecciosas, reaccións alérxicas, sarna, doenzas renais ou hepáticas con ictericia así como por reaccións a medicamentos.

Respecto ó mecanismo fisiolóxico polo cal se produce o proído, descubriuse que unha molécula denominada BNP (péptido natriurético B) e que se libera na medula espiñal transmite a sensación de proído ó cerebro. En experimentos con ratos, observouse que eliminando a molécula BNP ou a célula nerviosa receptora desta, os ratos deixaban de rascarse.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proído.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proício.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coceira.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rañeira.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comichón.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comechón.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prurito.
  8. S. K. Mishra, M. A. Hoon.