Pradairo real
Pradairo real | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas do pradairo real | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Acer platanoides' L. | |||||||||||||||||||
Distribución
|
O pradairo real[1] (Acer platanoides), tamén coñecido coma pradairo noruegués, é unha especie arbórea pertencente á familia das aceráceas. Non aparece en Galiza de xeito espontáneo, atopándose coma ornamental nalgúns parques e xardíns.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Medra en Europa, o Cáucaso, e Asia Menor. Na Península Ibérica a súa presenza limítase aos Pireneos e cultivares ornamentales.[2][3] Medra ben en solos fondos en medios de faiais, carballeiras e pradeira, en zonas de tebras. Prefire un substrato rico en substancias nutritivas.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un árbore caducifolia que pode acadar até 35 m de altura, aínda que o habitual é que non supere os 25 m. Presenta unha casca lisa e cinsenta clara. As follas son palmadas e dentadas. As flores son de cor verde amarelenta e se dispoñen en panículas. O froito, sámara, constitúeno dúas noces unidas con ás formando entre si un ángulo.[4][5][6][7]
Especies semellantes
[editar | editar a fonte]En Europa hai dúas especie de pradairos moi semellantes que se poden confundir de xeito doado. As dúas especies presentan exemplares elevados, que poden acadar até 30–35 m de altura.
Especies | pradairo real (Acer platanoides) | pradairo bravo ou común (Acer pseudoplatanus) |
---|---|---|
Casca das árbores adultas | Lisa, vai ter fendas verticais coa idade | Semellante á do plátano oriental, despréndese en placas |
Gomos | de cor granate | de cor verde |
Follas | Hai cultivares con follas de cor vermella púrpura | Son de cor verdes |
Flores | Aparecen no momento de se abrir os gomos | Aparecen pouco despois das follas |
Froitos (sámaras) | As sámaras atópanse na base das franzas e ten as sementes aplanada. | As sámaras atópanse nas franzas e teñen a semente redonda. |
Observacións
[editar | editar a fonte]Esta árbore pode chegar aos 150-200 anos, considerabelmente menor que outras especies de pradairos. O nome do xénero xa era empregado polos romanos ("acer": rexo, duro). Segundo outros autores, o seu nome deriva da voz celta "ac", espiña oo punta, por se ter utilizado para fabricar puntas de lanza. É sensíbel a unha micose ocasionada polo fungo Rhytisma acerinum, o que lle ocasiona unhas tacas semellantes ao alcatrán nas súas follas.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]
subsp. platanoides
|
subsp. turkestanicum (Pax) P.C.de Jong
|
Notas
[editar | editar a fonte]- Gregor Aas, Andreas Riedmiller. Árboles de hoja caduca. ISBN 84-226-5798-8.
- ¿Qué árbol es?. Susaeta Ediciones S.A. ISBN 84-305-9510-4.
- ↑ Nome vulgar galego en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Groba Bouza, F. Universidade de Vigo, 2006 a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15889716
- ↑ Flora Europaea: Acer platanoides distribution
- ↑ Den virtuella floran: Acer platanoides distribution
- ↑ Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
- ↑ Mitchell, A. F. (1974). A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-212035-6
- ↑ Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0
- ↑ Norwegian Botanical Association: Acer platanoides photos
- ↑ Sinónimos en Wikipedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pradairo real |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pradairo real |
- "Ficha en infojardín". Consultado o 25 de abril de 2010.