Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Persoa xurídica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nunha clasificación dentro do concepto xurídico de persoa, xunto ás persoas físicas existen tamén as persoas xurídicas. Son entidades ás que o dereito atribúe e recoñece unha personalidade xurídica propia e, en consecuencia, capacidade para actuar como suxeitos de dereito para a realización de determinadas fins colectivas: capacidade para adquirir e posuír bens de tódalas clases, para contraer obrigacións e exercitar accións xudiciais.

Natureza xurídica

[editar | editar a fonte]

Teoría da ficción

[editar | editar a fonte]

Parte da idea de que o único suxeito natural de dereitos e obrigacións é o ser humano. Só este está dotado de vontade, e polo tanto só el pode ser naturalmente suxeito de dereitos, posto que o dereito subxectivo é un poder que a lei acorda a unha vontade. A persoa xurídica sería unha ficción legal.

Teorías negatorias

[editar | editar a fonte]

Como as teorías da ficción tamén sosteñen que a única persoa real é o ser humano, consideran, con todo, que a doutrina tradicional é superficial e non afonda a investigación da realidade que se esconde detrás da persoa xurídica; a tarefa do xurista consiste en desentrañar a realidade. Para algúns (como Brinz ou Bekker) as persoas xurídicas non son máis que patrimonios afectados ó cumprimento de certos fins. Ihering, pola súa parte, pensaba que os verdadeiros suxeitos de dereitos dunha persoa xurídica son os seus membros, xa que eles son os beneficiarios e destinatarios da utilidade que o patrimonio pode render. A persoa xurídica sería un suxeito aparente que oculta ós verdadeiros.

Teoría de Kelsen

[editar | editar a fonte]

Hans Kelsen nega a dualidade dereito obxectivo-dereito subxectivo. Utilizando os estudos de Duguit, pero concibindo a súa doutrina nun terreo puramente lóxico, sostén que os dereitos subxectivos non existen senón en canto expresión do dereito obxectivo. Se non existen dereitos subxectivos con valor propio, autónomo, tampouco debe existir o suxeito de dereito. Os dereitos subxectivos e o suxeito de dereito, ou sexa a persoa, son conceptos auxiliares, que facilitan o coñecemento do dereito. Persoa, sexa física ou xurídica, é só a expresión unitaria personificadora dun feixe de deberes e facultades xurídicas, un complexo de normas. O feito de ser un centro de imputación de normas, converte a ese centro en persoa.

Teorías da realidade

[editar | editar a fonte]

Teoría organicista

[editar | editar a fonte]

Para esta teoría as persoas xurídicas non son entes artificiais creados polo Estado, senón, pola contra, realidades vivas. Segundo Gierke, os entes colectivos son organismos sociais dotados tanto como o ser humano dunha potestade propia de querer, e así, capaces naturalmente de ser suxeitos de dereito. A diferenza da teoría da ficción, que sostiña que a autorización estatal era creativa da personalidade xurídica, sostén Gierke que só ten valor declarativo.

Teoría da institución

[editar | editar a fonte]

Esta teoría ten o seu punto de partida na observación da realidade social, que demostraría que unha das tendencias máis firmes nas sociedades contemporáneas é o desenvolvemento da vida colectiva, da vida social. O ser humano abandona todo illamento, porque comprende que para realizar as súas fins e para satisfacer as súas necesidades de toda orde precisa unirse a outros homes, asociarse a eles. Entra enseguida voluntariamente en moitas asociacións. No fondo subxace sempre o ser humano, porque el é a fin de todo dereito, pero a vida destas entidades está por riba da de cada un dos seus membros, considerados illadamente. A institución defínese como un organismo que ten fins de vida e medios superiores en poder e en duración ós individuos que a compoñen.

A teoría da institución ten un claro fundamento iusnaturalista, xa que o dereito de asociación está considerado un dos dereitos naturais do home, como proclamou León XIII na súa encíclica Rerum Novarum.

Teorías propiamente xurídicas

[editar | editar a fonte]

Todas estas teorías teñen un mesmo punto de partida: se ben é verdade que desde o ángulo biolóxico e mesmo metafísico a única persoa é o ser humano, desde o xurídico se chama persoa a todo ente capaz de adquirir dereitos e contraer obrigacións. Desde este punto de vista tan persoa é o home como os entes de existencia ideal, xa que ambos teñen esa capacidade. Non advertir o significado xurídico da palabra sería o erro inicial da formulación da teoría da ficción.

Nacemento da personalidade xurídica As persoas xurídicas nacen como consecuencia dun acto xurídico (acto de constitución), segundo un sistema de mera existencia, ou ben polo recoñecemento que delas fai unha autoridade ou órgano administrativo ou por concesión. En ambos casos pode existir un requisito de publicidade, como a inscrición nun rexistro público.

Organismos reitores

[editar | editar a fonte]

A persoa xurídica necesita de órganos reitores da súa actividade. Ó tratarse dun conxunto de bens e dereitos, cómpre a existencia de persoas físicas que decidan o destino que se dá a eses bens e as accións que se vaian tomar.

Os órganos regúlanse por lei e polos estatutos da persoa xurídica. Os órganos máis habituais son:

Responsabilidade da persoa xurídica

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente rexeitouse a posibilidade de que unha persoa xurídica teña responsabilidade penal por un delito. O argumento é que o dolo ou a culpa non pode recaer nela, senón nas persoas físicas que están detrás dunha persoa xurídica e toman as decisións. Segundo esta concepción doutrinal, a persoa xurídica sería só responsable civilmente, é dicir, tería que resarcir danos e perdas. Ademais, historicamente a teoría do delito construíuse sobre a base da persoa natural.

Porén, na actualidade existen ordenamentos onde é posible sancionar penalmente a unha persoa xurídica por un delito. Se ben non poden impoñérselle tódolos tipos de penas, existen algunhas, como as pecuniarias ou as inhabilitacións, que poden ser adecuadas para os delitos económicos ou tributarios. Porén, parte da doutrina considera estas situacións como propias do dereito administrativo sancionador e non do dereito penal.

De todos xeitos, polo xeral, no Common Law acéptase a posibilidade de esixir responsabilidade penal a unha persoa xurídica, mentres que no dereito continental só algúns países, como Italia ou Alemaña, o admiten.

Algúns tipos de persoas xurídicas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]