Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Localización dos sitios de Bosnia e Hercegovina na lista do Patrimonio Mundial. Os lugares sinalados en azul son os distintos puntos de Stećci.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Bosnia e Hercegovina herdou de Iugoslavia a adhesión á convención do 12 de xullo de 1993, xa que é un dos seus estados sucesores.[3]

Hai cinco sitios en Bosnia e Hercegovina na lista de Patrimonio da Humanidade e outros nove na lista de candidatos.[3] O primeiro sitio, a Zona da Ponte Vella da Cidade Vella de Mostar, foi inscrita na lista durante a 29ª sesión da UNESCO en 2005.[4] A Ponte de Mehmed Paša Sokolović en Višegrad inscribiuse na lista en 2007.[5] O seguinte lugar foron os cemiterios de lápidas medievais de Stećci en 2016. Este último é un sitio transnacional, compartido con Croacia, Serbia e Montenegro. Dos 28 sitios de Stećci, 20 están situados en Bosnia e Hercegovina, sendo o máis destacado o de Radimlja.[6] O máis recente sitio incluído na lista é a cova de Vjetrenica. O bosque de Janj, parte dos faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa, e a cova de Vjetrenica son ​​sitios naturais, mentres que os outros tres son culturais.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Bosnia e Hercegovina
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[7]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Zona da Ponte Vella da Cidade Vella de Mostar Stari Most Mostar 2005 946; vi (cultural) Este lugar engloba a Ponte Vella e os seus arredores. A ponte otomá, que cruza o río Neretva, foi encargada por Suleimán o Magnífico e rematada en 1566/67. En 1993, durante a guerra de Bosnia, foi bombardeada e destruída deliberadamente polo Consello Croata de Defensa. Despois da guerra, a ponte foi reconstruída utilizando métodos de construción tradicionais e materiais locais, e reabriuse en 2004.[4]
02 Ponte de Mehmed Paša Sokolović Ponte de Mehmed Paša Sokolović Višegrad 2007 1260; ii, iv (cultural) A ponte de Mehmed Paša Sokolović, que cruza o río Drina, foi rematada en 1577 polo arquitecto da corte otomá Mimar Sinan por orde do Gran Visir Mehmed Paša Sokolović. A ponte ten unha lonxitude de 179,5 e 11 arcos. A ponte tamén ten un significado simbólico como lugar de encontro entre o cristianismo e o islam.[5]
03 Cemiterios de lápidas medievais stećci* Necrópole de Radimlja 20 sitios 2016 1504; iii, vi (cultural) Stećci (sing. stećak) son as lápidas monolíticas medievais atopadas na actual Bosnia e Hercegovina, así como en partes de Croacia, Serbia e Montenegro. Apareceron por primeira vez no século XII e alcanzaron o seu apoxeo nos séculos XIV e XV. Hai 20 sitios en Bosnia e Hercegovina, na súa maioría no sueste do país. O grupo máis grande está situado en Radimlja, no concello de Stolac.[6]
04 Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa* Forest and river Šipovo 2021 1133quater; ix (natural) Este sitio comprende exemplos non perturbados de bosque temperado que demostran o proceso de expansión posglacial da faia europea dunhas poucas áreas de refuxio illadas nos Alpes, Montes Cárpatos, Alpes Dináricos, Mediterráneo e Pireneos. O sitio foi catalogado orixinalmente en 2007 como os bosques de faias primitivas dos Cárpatos, compartido por Eslovaquia e Ucraína, estendeuse en 2011 para incluír os antigos bosques de faias de Alemaña, e estendeuse aínda máis en 2017 e 2021 para incluír bosques nun total de 18 países. O bosque de Janj en Bosnia e Hercegovina foi catalogado en 2021.[8]
05 Cova de Vjetrenica en Ravno Entrada da cova Ravno 2024 1673; vii, x (natural) Vjetrenica (que quere dicir "a cova do vento") é a cova máis grande de Bosnia e Hercegovina. Nas partes máis cálidas do ano, o aire frío sopra dende a súa entrada. É un importante punto de biodiversidade. Na cova atopáronse fósiles de carnívoros prehistóricos.[9][10]

Lista de lugares candidatos

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[11] No ano 2024, Bosnia e Hercegovina tiña nove lugares na súa lista de candidatos.[12]

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
Saraxevo - símbolo único da multicultura universal - cidade aberta continua (N.I.) Sarajevo Saraxevo 1997 v (cultural) Saraxevo, a capital de Bosnia e Hercegovina, ten unha longa e rica historia de diversidade relixiosa e cultural.[13]
O conxunto natural e arquitectónico de Jajce Jajce Jajce 2006 ii, iii, iv, v, vi, vii (mixto) A cidade de Jajce está situada na confluencia dos ríos Pliva e Vrbas. Foi fundada na Idade Media e adquiriu a súa forma definitiva durante o período otomán.[14]
O sitio urbano histórico de Počitelj Počitelj Čapljina 2007 ii, iii, iv, v, vi (cultural) A cidade de Počitelj presenta un dos poucos conxuntos urbanos de Bosnia e Hercegovina que se conserva na súa integridade dos períodos medieval e otomán.[15]
O conxunto natural e arquitectónico de Blagaj Blagaj Mostar 2007 ii, iii, iv, v, vi, vii
(mixto)
A cidade de Blagaj, situada na fonte do río Buna, contén varios exemplos de arquitectura otomá, como o Blagaj Tekke.[16]
O conxunto natural e arquitectónico de Blidinje Blidinjsko jezero Jablanica, Posušje, Tomislavgrad 2007 i, iii, iv, v, vi, vii, viii, ix (mixto) A área do Parque Natural de Blidinje é un exemplo dos procesos xeolóxicos que tiveron lugar durante a oroxénese dos Alpes Dináricos, así como un exemplo do desenvolvemento evolutivo da flora e da fauna posglacial. A zona presenta unha gran variedade de comunidades vexetais endémicas e contén varias lápidas de stećak.[17]
O conxunto natural e arquitectónico de Stolac Stolac Stolac 2007 ii, iii, iv, v, vi, vii (mixto) O núcleo histórico de Stolac é un exemplo dun complexo conxunto cultural-histórico e ambiental natural. A zona contén restos da prehistoria, da era iliria-romana, da Idade Media e da otomá, austrohúngara e iugoslava.[18]
Reserva Natural Estrita - Bosque primitivo "Perućica" Perućica Foča 2017 vii, ix, x (natural) O bosque primitivo de Perućica é un importante lugar de biodiversidade, fogar de oso pardo, lobo e lince, así como de varias especies de aves, réptiles e anfibios. O seu regato montañoso forma a fervenza de Skakavac, de 75 metros de alto.[19]
Cemiterio xudeu de Saraxevo Cemiterio xudeu de Saraxevo Saraxevo 2018 ii, iii, iv, vi (cultural) O complexo funerario atópase nun lugar empinado e abrangue unha superficie total de 31160 m2. Hai máis de 3.850 lápidas nun total de sete parcelas, xunto con catro monumentos erguidos ás vítimas do terror fascista da segunda guerra mundial e varios cenotafios. O complexo tamén inclúe un grande osario asquenací construído en 1962 tras a exhumación dos antigos e dos novos cemiterios asquenacís. En 1966, o cemiterio foi pechado para sepulturas. Crese que a Geniza (un cemiterio de libros gastados) está situada na parte sueste do cemiterio.[20]
Complexo de fervenzas de travertino en Martin Brod - Parque Nacional de Una Fervenza no río Una en Martin Brod Bihać 2019 vii, ix (natural) O treito superior do río Una presenta unha serie de fervenzas e formacións de travertino e é un importante punto de biodiversidade.[21]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Bosnia and Herzegovina". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Old Bridge Area of the Old City of Mostar". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Mehmed Paša Sokolović Bridge in Višegrad". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Stećci Medieval Tombstone Graveyards". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  7. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  8. "Ancient and Primeval Beech Forests of the Carpathians and Other Regions of Europe". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  9. "Vjetrenica cave". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  10. "Vjetrenica Cave, Ravno". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 26 de xullo de 2024. 
  11. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  12. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists: Bosnia and Herzegovina". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  13. "Sarajevo – unique symbol of universal multiculture – continual open city (N.I.)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  14. "The natural and architectural ensemble of Jajce". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  15. "The historic urban site of Počitelj". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  16. "The natural and architectural ensemble of Blagaj". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  17. "The natural and architectural ensemble of Blidinje". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  18. "The natural and architectural ensemble of Stolac". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  19. "Strict Nature Reserve – Primeval forest "Perućica"". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  20. "Jewish Cemetery in Sarajevo". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  21. "Complex of travertine waterfalls in Martin Brod - Una National Park". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 7 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]