Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Post-punk revival

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Post-punk revival
Orixe musicalpost-punk, indie rock, rock alternativo, New Wave
Orixe culturalprincipios dos 2000 no Reino Unido e Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclados

O post-punk revival é un xénero musical desenvolvido a partir do rock alternativo a finais dos anos 90 e principios dos anos 2000, no cal as bandas se inspiran nos orixinais sons e estética do movemento post-punk de finais dos 70.

O termo "post-punk" foi acuñado orixinalmente para describir aos grupos que a finais dos anos 70 e principios dos 80 colleron o punk rock e experimentaron con estruturas musicais máis complicadas, con temáticas líricas, e cunha imaxe máis artística, mentres mantiñan a inicial postura iconoclasta do punk. Entre estas bandas inclúense Joy Division, The Cure, Siouxsie & the Banshees, Public Image Ltd., Gang of Four ou Echo & the Bunnymen.

Co cambio de século, o termo "post-punk" comezou a aparecer novamente na prensa musical, ao ser revivido por un feixe de críticos para describir a un novo grupo de bandas que compartían parte da estética da época orixinal do post-punk. The Libertines, The Rapture, The Strokes, Interpol, Arctic Monkeys, Editors, We Are Scientists, The Killers, Franz Ferdinand e Bloc Party foron os primeiros proxectos comercialmente exitosos que renovaron o interese dos medios no movemento. Esta segunda fornada do post-punk incorpora elementos da música dance e de xéneros que forman parte do dance punk, do mesmo xeito que foi influenciado o movemento orixinal polo Krautrock, o dub e a música disco dos anos 70.