Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]), situada no nordés da Península Ibérica, é a capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da Cidade Condal, por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Barcelona foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
Artigo destacado
editar
O
Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en
catalán:
Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como
Sagrada Familia, é unha
basílica católica da cidade de
Barcelona,
obra non rematada do arquitecto
Antoni Gaudí. Iniciada en
1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura
modernista catalá. Segundo datos do ano
2011, é o monumento máis visitado de
España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do
Museo do Prado (2,9 millóns) e da
Alhambra de Granada (2,3).
Lugar de interese
Sabías que...?
editar
- ...en 1493 chegou Cristovo Colón a Barcelona e que foi recibido polos Reis de Aragón e Castela no Palau?
- ...o 11 de setembro de 1714 caeu Barcelona fronte das tropas franco-españolas comandadas polo duque de Berwick? Esta derrota significou a perda dos foros de Cataluña e a anexión completa por parte de Castela.
- ...o goberno provisional da república restaurou a Generalitat de Cataluña en 1931?
- ...Arquivo
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Antoni Gaudí Cornet, nado en
Reus ou en
Riudoms (
Cataluña) o
25 de xuño de
1852 e finado en
Barcelona, o
10 de xuño de
1926, foi un
arquitecto catalán, recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o
Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. Católico confeso, moi reservado e profundamente catalanista, morreu despois de ser atropelado por un tranvía na cidade de
Barcelona, lugar onde se atopaba a traballar na súa derradeira obra, o
Templo expiatorio da Sagrada Familia.
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)