Ponte dos Santos
Ponte dos Santos | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 43°32′35″N 7°01′58″O / 43.542938888889, -7.0327083333333 |
Río | Ría de Ribadeo |
Concello | Castropol - Ribadeo |
Provincia | Lugo - Asturias |
Características | |
Construción | 1983-87 |
Ampliación | 2007-08 |
Lonxitude | 612 metros |
Ancho |
|
Tipo | Alintelado / Reforzo de arcos de descarga |
Material | formigón armado, aceiro e madeira |
A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).
Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.
A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.[2]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponte[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Localización
-
A ponte, cos apoios laterais tras o desdobramento
-
Antes da ampliación.
-
Dende Castropol.
-
Ribadeo dende pasarela peonil sur da ponte.
-
Antigo cargadoiro de mineral e a ponte ao fondo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El puente de los Santos estrena desdoblamiento. El Comercio Digital. 01/10/2008 (en castelán).
- ↑ España, La Nueva. "El calado de la ría y el puente de los Santos limitan los encargos". www.lne.es (en castelán). Consultado o 2019-09-27.
- ↑ Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo . ribadeando.blogspot.com.es
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte dos Santos |