Ponte Golden Gate
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Ponte Golden Gate | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 37°49′11″N 122°28′43″O / 37.819722222222, -122.47861111111 |
Cidade | San Francisco - Condado de Marin Estado de California |
Características | |
Construción | 1933-37 |
Lonxitude | 1280 m |
Ancho | 28 m |
Gálibo | 67 m |
Tipo | Pénsil |
Material | Aceiro |
A Golden Gate é unha famosa ponte situada en California, Estados Unidos, que une a península de San Francisco polo norte co sur do condado de Marin. "Golden Gate" é tamén o nome do estreito no cal a ponte está construída, e recibe o seu nome do estreito en Constantinopla, chamado tamén a Porta Dourada, xa que comunicaba Europa con Asia.
A Golden Gate é a ponte máis famosa de San Francisco malia non ser a maior nesta cidade, xa que a Bay Bridge é a vía principal.
Na década posterior á primeira guerra mundial o tráfico rodado na rexión da baía de San Francisco multiplicouse por sete, de modo que o sistema de ferris foi incapaz de absorber ese crecemento. Catalogada coma ponte pénsil, construída entre 1933 e 1937, cunha lonxitude aproximada de 1.280 metros, está pendurada de dúas torres de 227 m de altura. Ten unha calzada de seis carrís (tres en cada dirección) e dispón de carrís protexidos accesibles para peóns e bicicletas. A ponte tamén transporta dunnha a outra beira da canle gran cantidade da enerxía necesaria para o desenvolvemento da zona en tendidos eléctricos e conducións de combustible. Baixo a súa estrutura, deixa 67 m de altura para o paso dos barcos a través da baía. A Golden Gate constituíu a maior obra de enxeñaría da súa época. Hai uns anos tivo que ser repintada con urxencia sobre a súa característica cor alaranxada para evitar a rápida oxidación producida no aceiro da súa estrutura por mor da humidade do océano Pacífico.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da ponte comezou o 5 de xaneiro de 1933 baixo o programa Works Projects Administration (WPA), un programa de obras públicas iniciado polo goberno de Franklin D. Roosevelt para crear empregos con fondos federais e diminuír os efectos da Gran Depresión. O enxeñeiro xefe do proxecto foi Joseph Strauss. A ponte finalizouse en abril de 1937 e foi aberta ao tráfico peonil o 27 de maio ás 6:00 am, sendo permitido ao tráfico rodado ao día seguinte. A obra inicial custou 35 millóns de dólares da época.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ponte Golden Gate |