Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pokémon Mystery Dungeon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Mystery Dungeon (en xaponés: ポケモン不思議ふしぎのダンジョン Pokemon Fushigi no Danjon) é unha serie spin-off de videoxogos da franquía Pokémon desenvolvida por Spike Chunsoft (anteriormente Chunsoft). Os xogos están protagonizados por unhas criaturas ficticias chamadas Pokémon que teñen a habilidade de falar a lingua dos humanos navegando a través dun alxube xerado aleatoriamente empregando movementos por quendas, un modo de xogo característico dos Mystery Dungeon. Ata o mes marzo de 2020, foron publicados once xogos en cinco plataformas diferentes, así como dúas adaptacións manga e numerosos especiais animados. Estes xogos están baseados en alxubes (“mystery dungeons”) onde se xeran mapas do chan de maneira aleatoria. Nos alxubes, os xogadores loitan contra outros Pokémon mentres obteñen obxectos e atopan escaleiras para chegar ó seguinte nivel, saíndo do alxube despois dun número fixo de niveis. Sumando tódolos títulos, a serie vendeu máis de 16,50 millóns de copias en todo o mundo.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]