Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pío Ramón Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPío Ramón Ojea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1869 Editar o valor en Wikidata
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, pedagogo, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosXosé Ramón Fernández-Oxea Editar o valor en Wikidata

Pío Ramón Ojea, nado en Allariz o 29 de agosto de 1869 e finado en Ourense o 25 de agosto de 1943, foi un mestre, pedagogo e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Eligio Ojea. Foi director do Colexio San José de Calasanz de Ourense (1905). Dirixiu o Boletín del Magisterio. Foi profesor auxiliar da Escola Normal de Mestres de Ourense dende 1911. Impartiu clases de Xeografía e foi secretario da Normal baixo a dirección de Emilio Amor Rolán. Foi concelleiro de Ourense polo Partido Liberal en 1917.[1] Finou en Ourense o 25 de agosto de 1943.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Fernández Antelo e foi pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea.

  1. El Ideal Gallego, 12-11-1917, p. 1.
  2. La Región, 24-8-1947, p. 3.