Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Supersólido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un supersólido é un material ordenado no espazo; é dicir, que é un sólido ou cristal con propiedades superfluídas.[1] [2] Cando fluídos específicos, como o helio, arrefríanse por debaixo dunha temperatura característica, sofren unha transición de superfluidez e convértense nun fluído con viscosidade cero, o que significa que pode fluír sen fricción. Crese que esta transición está asociada coa condensación de Bose-Einstein.

No caso do helio (máis concretamente, helio-4), conxecturouse desde 1969[3] que sería posible crear un supersólido. Algúns experimentos que buscan este estado fallaron. Non obstante, en 2004, os físicos Moses Chan e Eun-Seong Kim, da Universidade de Pensilvania, observaron un fenómeno que foi interpretado como un comportamento supersólido.[4] A confirmación da existencia do novo estado cuántico da materia chegaría en 2019, cando un equipo de investigación do 5. Physikalisches Institut da Universidade de Stuttgart, dirixido por Tilman Pfau e Tim Langen, demostrou isto experimentalmente.[1] [5]

  1. 1,0 1,1 University of Stuttgart, University Communications, ed. (9 setembre 2019). "Physicists from Stuttgart prove the existence of a supersolid state of matter" (PDF). 
  2. "¿Es el supersólido un nuevo estado de la materia?". BBC News Mundo (en castelán). 2015-06-11. Consultado o 2023-07-02. 
  3. Collins, Graham P. (17 gener 2005). "Strange but True: Superfluid Helium Can Climb Walls". Scientific American (en anglès). Consultado o 9 maig 2021. 
  4. Minkel, J. R. "Strange but True: Superfluid Helium Can Climb Walls". Scientific American (en inglés). Consultado o 2023-07-02. 
  5. "Erstmals zweifelsfrei einen Suprafestkörper nachgewiesen". www.chemie.de (en alemán). Consultado o 2023-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.