Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Suicide (álbum de 1977)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suicide
Álbum de Suicide
Publicadodecembro de 1977
Estudio(s)Ultima Sound
Duración32:07
Xénero(s)synth-punk, rock electrónico, synth-pop, electrónico, música minimalista
Selo(s)Red Star Records
ProdutorCraig Leon, Marty Thau
Cronoloxía
- Suicide 21½ Minutes in Berlin/23 Minutes in Brussels
(1978)
Na rede
Discogs: 22168 Allmusic: mw0000690243 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Suicide é o álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado en decembro de 1977 a través do selo Red Star Records. O disco foi producido por Craig Leon e Marty Thau e gravado en catro días nos Ultima Sound Studios en Nova York. O álbum conta coa electrónica minimalista de Martin Rev e ritmos duros e repetitivos combinados coas voces de Alan Vega inspiradas no rock and roll e representacións da vida urbana.

Tras o seu lanzamento inicial Suicide foi recibido positivamente pola prensa británica, pero tivo críticas dispares nos Estados Unidos, onde non chegou a entrar nas listas. Porén, ao pouco tempo o disco sería considerado como un fito na música electrónico e no rock. En 2013 Pitchfork nomeouno un dos mellores álbums dos anos 70 e Rolling Stone colocouno no númer 441 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[1] O disco aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2] O álbum tamén influenciou a artistas de varios xéneros como Bruce Springsteen, The Fleshtones, Spacemen 3,[3] e Peaches.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Alan Vega e Martin Rev

Cara A
N.º Título Duración
1. "Ghost Rider"   2:34
2. "Rocket U.S.A."   4:16
3. "Cheree"   3:42
4. "Johnny"   2:11
5. "Girl"   4:05
Cara A
N.º Título Duración
1. "Frankie Teardrop"   10:26
2. "Che"   4:53
  1. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2012-05-31). "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-01-20. 
  2. Robert Dimery; Michael Lydon (23 March 2010). 1001 Albums You Must Hear Before You Die: Revised and Updated Edition. Universe. p. 58. ISBN 978-0-7893-2074-2
  3. Conflict, número 48, verán de 1988