Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Stratus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stratus opacus uniformis

Os stratus ou estratos, abreviadamente St, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por seren unha capa de nubes xeralmente gris, con base uniforme, da que pode caer orballo, prismas de xeo ou cinarra. Cando o Sol é visible a través da capa, o seu contorno distínguese claramente. Ás veces preséntanse a xeito de farrapos esfiañados por embaixo doutras nubes.

Características

[editar | editar a fonte]

Son nubes baixas que se poden producir a nivel do chan dando lugar á néboa, normalmente cando o tempo é anticiclónico. Cando aparecen por embaixo de altoestratos ou nimboestratos están asociados a unha fronte cálida. Por embaixo dos cumulonimbos, a unha treboada ou unha fronte fría.

Variedades

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]