Silaxínidos
Os Silaxínidos (Sillaginidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, distribuídos polo océano Índico e a costa oeste do Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Posúen un corpo moi alongado, con tamaños máximos duns 45 cm, cuberto de pequenas escamas. A boca é pequena e terminal. Teñen dúas aletas dorsais, separadas ou non, a primeira con 9-12 espiñas e a segunda cunha espiña afiada e 16-26 radios brandos. Aleta anal alongada e oposta á segunda dorsal, con 2 espiñas e 15-27 radios brandos. As ventrais insírense á mesma altura cás pectorais ou algo atrasadas. Caudal algo fendida.
Son especies bentónicas que se alimentan de organismos do fondo mariño. Algunhas especies críanse en establecementos de acuicultura, en estuarios.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en 3 xéneros, con 31 especies:
- Xénero Sillaginodes
- Xénero Sillaginopsis
- Xénero Sillago
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Silaxínidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Silaxínidos |