Seti I
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1323 a. C. Aváris, Exipto (pt) |
Morte | c. 1279 a. C. (43/44 anos) Antigo Exipto |
Lugar de sepultura | Val dos Reis |
Faraón | |
1294 a. C., 1290 a. C. – 1279 a. C. ← Ramsés I (pt) – Ramsés II → | |
Pharaoh of the Nineteenth Dynasty of Egypt (en) | |
← Ramsés I (pt) – Ramsés II → | |
Saqqara king (en) | |
← Ramsés I (pt) – Ramsés II → | |
Título real no antigo Exipto
| |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Imperio Novo de Exipto e XIX dinastía exipcia |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | XIX dinastía exipcia |
Cónxuxe | Tuya Tanedjemet |
Fillos | Henutmire () Tuya Ramsés II () Tuya Nebchasetnebet () Tuya Tia () Tuya |
Pais | Ramsés I e Sitre |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara |
Menmaatra Sethy, ou Seti I,[1] fillo de Ramsés I e Sitra, foi o segundo faraón da dinastía XIX que gobernou uns quince anos, de c. 1294 a 1279 a.C.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Foi militar, como o seu pai, nacido na rexión do delta do Nilo, na zona de Avaris. O seu nome provén de Seth, o deus da guerra, das armas e do exército, ao que Seti I serviu como sacerdote antes de ser soldado.
Non se sabe moito da mocidade de Seti I, mais si sobre o seu reinado. Ao converterse o seu pai en visir de Horemheb e máis tarde en faraón, foi pronto asociado ao trono, pero xa por entón era de idade madura. No seu primeiro ano de goberno en solitario, lanzouse á temeraria conquista de Palestina, Siria e Fenicia, que lograran a súa independencia durante o reinado de Akhenatón ou foran conquistadas polos temibles hititas, tradicionais inimigos de Exipto. As campañas de Seti polo sur destes territorios foron un rotundo éxito, sen igual dende os tempos de Tutmosis III e Amenhotep II, pero non se atreveu a ir máis ao norte polo avance do dominio hitita.
Reinado
[editar | editar a fonte]Ao subir ao trono, Seti xa era un pai de familia, e a súa esposa de toda a vida, Tuya, foi ascendida ao rango de grande esposa real. Suponse que Seti I foi marido da escura Tanedyemy, unha raíña de comezos da dinastía, da que se descoñece a súa filiación, pero que probablemente fose a filla de Horemheb e o lazo de unión entre as dinastías XVIII e XIX.
Horemheb, Ramsés I e Seti I deberon pacificar e reordenar Exipto, sendo outra das súas conquistas dominar os poderosos sacerdotes de Amón, que trala fin da revolución de Akenatón volveran ser demasiado poderosos. Un éxito nesta batalla silenciosa foi impedir que os fillos herdasen o cargo. Ao mesmo tempo, potenciouse o culto aos demais deuses tradicionais (prohibindo, por suposto, mencionar o deus Atón), especialmente o deus Seth, de quen se fixo restaurar o seu templo en Avaris. Foi precisamente baixo Seti I cando comezou a verdadeira persecución contra o recordo de Akhenatón, e a súa capital inconclusa, Akhetatón, comezou a ser demolida.
A dinastía XIX nacera como unha verdadeira familia de reis guerreiros, dunha clara orixe militar. O sucesor de Seti, o futuro Ramsés II non foi unha excepción, e foi debido á inmensa fama que cobrou este faraón que a memoria de Seti I se conservou, inmerecidamente, algo diminuída. Tamén a dinastía XIX, sobre todo nos seus comezos, foi unha casa real que impulsou grandes construcións, e só os reinados relativamente curtos de Ramsés I e Seti I impediron que puidesen terminarse colosais monumentos que máis tarde se adxudicaría Ramsés II como propios.
Enterro
[editar | editar a fonte]Seti morreu cara aos 40 anos, tras un reinado moi similar, mesmo en duración, ao de Tutmosis I, ao redor de 13-16 anos. Sucedeuno o seu fillo Ramsés II, co que establecera unha correxencia para asegurar a sucesión pacífica.
A momia de Seti, unha das mellor conservadas, foi atopada en 1881 no agocho de Deir el-Bahari e consérvase desde entón no Museo do Cairo. Os estudos realizados sobre a momia non achegan luz sobre os motivos da súa temperá morte, aínda que se cre que sufría dunha enfermidade vascular que provocaba o mal funcionamento do seu corazón. De feito, este foi atopado á dereita do seu corpo, polo que se pensa que o faraón ordenou, que á súa morte, o puxesen no lado oposto para que funcionase correctamente na seguinte vida. Aínda que outros expertos opinan que este puido ser un erro dos momificadores.
A tumba de Seti (KV17) é unha das máis grandes do Val dos Reis. Foi descuberta o 16 de outubro de 1817 por Belzoni. O seu sarcófago, un dos máis fermosos achados en Exipto, atópase actualmente no Sir John Soane Museum, en Londres.
Testemuños da súa época
[editar | editar a fonte]Erixiu templos e o seu nome figura en varios monumentos e inscricións:[3]
- Templo e cenotafio en Abidos (Frankfurt 1933 - o cenotafio; Kitchen 1975:129 - 199 - inscricións)
- Edificios no templo de Karnak, cunha longa serie de escenas e inscricións das guerras do rei (Kitchen 1975:6 - 32)
- Templo principal para o culto do rei, en Luxor, Tebas oeste (Petrie 1909:13 - 14, pl. XLIII-XLVI, Osing 1977)
- Bloques atopados en Elefantina (Junge 1987:48 - 50)
- Mencionado en varias inscricións preto de Asuán (de Morgan 1894:20. 123-124; 28.5)
- Inscricións no Speos Artemidos (templo de Hatshepsut en Beni Hasan) (Kitchen 1975:41 - 44)
- Ronsel de calcita atopada en Karnak (O Cairo CG 34501) (Kitchen 1975:38 - 39)
- Estatua en El Kab (El Kab 1940: pl. 33)
- Tumba no val de Jezrael, preto de Nazareth, dun alto funcionario exipcio co selo de Seti I atopada en 2014.[4]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Seti I foi interpretado polo actor Cedric Hardwicke como pai de Ramsés II e tío adoptivo de Moisés no filme de 1956 Os dez mandamentos.
- O actor Aharon Ipalé interpretouno nos filmes The Mummy e a súa secuela The Mummy Returns, nos que Seti I era un faraón asesinado polo sacerdote Imhotep e a súa amante Anck-su-namun. En 2006, Ipalé retomou a personaxe en The Ten Commandments: The Musical.[5]
- No filme de 1998 The Prince of Egypt, Seti (coa voz de Patrick Stewart) é o pai adoptivo de Moisés.
- En Exodus: Gods and Kings (2014) interprétao John Turturro.
- Seti foi un xogo de taboleiro producido en Alemaña en 1979 pola empresa Bütehorn Spiele. Gañou o premio ao xogo máis atractivo dese ano e foi publicado novamente en 1986.
- "Seti I" é o título dunha canción de Banco de Gaia do seu álbum Igizeh. Algunhas partes do álbum foron gravadas no templo de Seti I.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome do faraón segundo os epígonos de Manetón:
- (omitido) (Flavio Xosefo, Contra Apión)
- (omitido) (Flavio Xosefo, de Teófilo)
- Setos (Sexto Xulio Africano, versión de Jorge Sincelo)
- Setos (Eusebio de Cesarea, versión de Sincelo)
- Setos (Eusebio de Cesarea, versión armenia)
- ↑ Cronoloxía segundo Shaw, Grimal e Málek.
- ↑ "King Sety I". Consultado o 2009.
- ↑ Rengel, Carmen (11 de abril de 2014). "Un sarcófago de 3.300 años, descubierto en el norte de Israel". El País (en castelán).
- ↑ "The Ten Commandments: The Musical". IMDB. Consultado o 16-12-2016.
- ↑ Marks, Toby (Banco de Gaia). Igizeh (album liner notes). Six Degrees Records, 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seti I |