Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Salon des Refusés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salon des Refusés (en galego: Salón dos rexeitados) foi o nome dado á exposición paralela ao Salon de París, en 1863. No Salon des Refusés foron expostas as obras de arte rexeitadas no salón oficial, que fora destinado aos artistas membros da Real Academia Francesa de Pintura e Escultura.

A exposición paralela foi organizada por determinación do emperador Napoleón III, en resposta ás fortes protestas dos artistas rexeitados. A exposición rematou por atraer ao gran público, quen visitou a mostra disposto a ridicularizar as obras dos rexeitados, entre os cales atopábanse Manet e Cézanne.

A pesar da reacción desfavorable aos traballos expostos, o Salon des Refusés pasou a ser un forte rival ao salón da academia e, a partir daquel ano, moitos artistas pasaron a organizar exposicións independentes, dentre eles, destaca a dos impresionistas de 1874.

Na actualidade o Salon des Refusés é considerado como o marco do xurdimento da pintura moderna.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]