Saúl Craviotto
Saúl Craviotto Rivero, nado en Lleida o 3 de novembro de 1984, é un piragüista e policía español, especialista na modalidade de kayak. É dobre campión olímpico, en Pequín 2008[1] e Río de Xaneiro 2016,[2] e tres veces campión do mundo, nos anos 2009, 2010 e 2011.
Participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, obtendo en total cinco medallas, ouro en Pequín 2008, prata en Londres 2012, ouro e bronce en Río de Xaneiro 2016 e prata en Toquio 2020.
Gañou dez medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2007 e 2019, e seis medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2008 e 2018.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, gañou a medalla de ouro na proba de K2 500 m, a carón de Carlos Pérez Rial, cun tempo de 1,28 minutos.[1] En Londres 2012 gañou a medalla de prata na proba de K1 200 m.[4]
Nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 logrou a medalla de ouro na proba de K2 200 m, a carón de Cristian Toro.[2] Dous días despois, conseguiu a medalla de bronce na proba de K1 200 m.[5] Na súa cuarta participación olímpica, en Toquio 2020, gañou a medalla de prata na proba de K4 500 m,[6] e foi, xunto coa nadadora Mireia Belmonte, o abandeirado español na cerimonia de apertura.[7]
Polos seus éxitos deportivos foi galardoado en 2009 coa Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo[8] e en 2016 co Premio Nacional do Deporte Don Felipe de Borbón.[9]
Craviotto traballa como axente da Policía Nacional na Comisaría de Xixón.[10] Ademais do seu traballo e do seu adestramento deportivo, apareceu nalgúns programas de televisión; en 2017 participou na segunda edición do concurso de cociña de Televisión Española MasterChef Celebrity España, no que resultou gañador.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 «Oro prodigioso de Saúl Craviotto y Pérez Rial». As, 24 de agosto de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 «Saúl Craviotto y Cristian Toro, oro en la final de K2 200». Marca, 18 de agosto de 2016.
- ↑ Saúl Craviotto en CanoeResults.eu (en inglés)
- ↑ «Saúl Craviotto logra la plata en K-1 200 en un final muy ajustado». Páx. web de RTVE, 11 de agosto de 2012.
- ↑ «Saúl Craviotto, broche de bronce». El Mundo, 20 de agosto de 2016.
- ↑ «España acudirá finalmente con 11 embarcaciones a JJOO tras acabar el clasificatorio global, sin pase para Barreiro en C1 1.000». Páx. da RFEP, 21 de maio de 2021.
- ↑ «Saúl Craviotto y Mireia Belmonte, abanderados españoles en Tokio 2020». Páx. do COE, 12 de maio de 2021.
- ↑ «Orden ESD/951/2009, de 3 de abril». BOE, núm. 94, 17 de abril de 2009.
- ↑ «Premios Nacionales del Deporte. Histórico de premiados – Premio Rey Felipe». CSD.
- ↑ «La Comisaría de Gijón homenajea a Craviotto y Hernanz por sus triunfos». La Nueva España, 25 de agosto de 2016.
- ↑ «Saúl Craviotto. Ganó 'MasterChef Celebrity' 2». Marca, 22 de novembro de 2017.
- Nados en 1984
- Nados en Lleida
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas olímpicos en piragüismo
- Medallistas olímpicos de bronce por España
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos de ouro por España
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Piragüistas olímpicos de España
- Españois de ascendencia italiana
- Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024