Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Southampton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSouthampton
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°54′24″N 1°24′16″O / 50.9067, -1.4044
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSudeste de Inglaterra - South East England
Condado cerimonialHampshire
ÁreaCity of Southampton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación271.173 (2016) Editar o valor en Wikidata (5.268,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie51,47 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRiver Itchen (en) Traducir, River Test (en) Traducir e Southampton Water (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalSO Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico023 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUKJ32 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websouthampton.gov.uk Editar o valor en Wikidata
Twitter: SouthamptonCC Editar o valor en Wikidata

Southampton é a maior cidade portuaria da costa sur da Inglaterra. É a cidade máis próxima a New Forest e está entre Portsmouth e Bournemouth. Era unha localidade pertencente a Hampshire que pasou á condición de cidade na reorganización do goberno local do 1 de abril de 1997. Isto fixo a Southampton unha unidade administrativa, que engloba algúns distritos como Eastleigh, Portswood, Bitterne, Woolston e Millbrook.

Foi unha das moitas cidades británicas severamente bombardeadas durante a segunda guerra mundial. Por esta razón, varios monumentos históricos foron destruídos, pero aínda existe a antiga muralla da cidade, así como tamén a porta de Bargate, a maior entrada á cidade antiga no extremo norte da muralla. Southampton ten a segunda muralla da Idade Media máis longa que aínda se conserva de Inglaterra. A porta de Bargate é habitualmente usada como símbolo da cidade, sendo a súa imaxe o logotipo do goberno municipal. A parte central da cidade ten moitos grandes parques.

Na cidade están as sedes da Universidade de Southampton, da Universidade Solent Southampton e do centro comercial West Quay. Tamén aquí se atopa a Axencia Nacional de Mapeamento. O xornal local é o Daily Echo.

Southampton está identificada coa historia e o desenvolvemento marítimos, sendo o seu porto lugar habitual de saída de moitos cruceiros, como sucedeu co Titanic. Tamén é un porto de carga moi importante a nivel nacional.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. "Le Havre Website - Twin Towns". Ovidio Limited. Consultado o 2008-11-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Linked cities". Southampton City Council. 3 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2009. 
  3. "Kalisz - the oldest town in Poland!". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.