Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nikolai Severtzov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNikolai Severtzov
Nome orixinalНиколáй Алексе́евич Се́верцов (Nikolai Alekséievich Sévertsov)
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1827
Gobernación de Vóronej
Morte8 de febreiro de 1885
Río Don
Causa da morteafogamento Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeRusa
EducaciónUniversidade de Moscova
Director de teseKarl Frantsevich Rouillier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, zoogeografia (pt) Traducir, Ornitoloxía, botánica, Etnografía e xeoloxía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónExplorador, naturalista
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova Editar o valor en Wikidata
AlumnosMikhail Menzbier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMikhail Menzbier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaSévertsov Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAleksey Severtsov Editar o valor en Wikidata
PaiAleksey Severtsov Editar o valor en Wikidata
Premios
Medalla Constantin

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Georgian Soviet Encyclopedia (en) Traducir, (vol:9, p.268)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Nikolai Alekséievich Sévertsov (en ruso Николáй Алексе́евич Се́верцов), coñecido nas linguas latinas como Nikolai Severtzov, nado o 5 de novembro de 1827 e finado o 8 de febreiro de 1885, foi un explorador e naturalista ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Severtzov estudou na Facultade de Física e Matemáticas da Universidade de Moscova e, aos 18 anos, entrou en contacto co científico Grigori S. Karelin e interesouse pola Asia central.

En 1857 uniuse a unha expedición ao río Sir Daria (no actual Casaquistán).[1] Nesta expedición foi capturado por uns bandidos e liberado un mes despois por militares rusos. Regresaría a esta rexión, a Tashkent, en 1864.

Contou a historia da súa aventura en Un mes de cativerio entre os kokandianos. Cun mapa do baixo Syr-Darya, publicado en San Petersburgo en 1860.[2]

Entre 1865 e 1868 explorou as montañas de Tian Shan (gran sistema montañoso da Asia central, localizado na rexión fronteiriza entre os actuais Casaquistán, Kirguizistán e a República Popular da China), e o lago Issyk Kul.

En 1877-1878 visitou as montañas do Pamir, seguindo unha ruta próxima á actual estrada, chegando ao lago Yashil Kul e o río Ghunt. Alí estudou as liñas de migración das aves da Asia Central.

Severtzov publicou moitos libros sobre o reino animal, entre eles escribiu Distribución vertical e horizontal da vida salvaxe de Turquestán (1873), que incluía a primeira descrición de numerosas especies e subespecies, entre elas 384 de aves.

Unha subespecie de argalí (carneiro salvaxe) descrita por el, logo se denominou na súa honra Ovis ammon severtzovi. E unha especie de frinxílido, Carpodacus severtzovi, foi dedicada a el por Richard Bowdler Sharpe.

O 8 de febreiro de 1885 Severtzov morreu accidentalmente, afogado no río Don.[1]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Severtzov emprégase para recoñce a Nikolai Severtzov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 Anónimo (1885). "Obituario: Nikolai Alexsyewich Severtzoff". Ibis 3: 235–240. doi:10.1111/j.1474-919X.1885.tb06248.x. 
  2. Lorraine de Meaux (2010): La Russie et la tentation de l'Orient, Fayard. ISBN 978-2-213-63812-6, pp. 46-47.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]