Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Neisseriáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Neiseriáceas ou Neisseriaceae son unha familia[1] de bacterias do filo das Proteobacteria, e única familia da orde Neisseriales. A familia comprende varios xéneros, entre os cales o máis importante é o xénero Neisseria. Moitos organismos pertencentes a esta familia son comensais de mamíferos ou forman parte da súa flora bacteriana normal, pero dúas especies son importantes patóxenos humanos, que son: Neisseria gonorrhoeae, causante da gonorrea, e Neisseria meningitidis, causante de moitos casos de meninxite (meninxite meningocócica).

As características comúns do grupo das Neisseriaceae son que son bacterias estritamente aerobias, gramnegativas, aparecen principalmente en pares en forma de diplococos, e non teñen flaxelos.