Nación sen estado
As nacións sen estado son comunidades humanas que, aínda tendo as características culturais ou identitarias asociadas habitualmente cunha nación, non dispoñen dun estado propio, e, en moitos casos, non están recoñecidas oficialmente como comunidades diferenciadas. As nacións sen estado, polo tanto, están incluídas en estados onde a nación predominante é outra, ou repartidas entre diversos estados.
O recoñecemento oficial das nacións sen estado é moi variable. Nalgúns estados, fálase abertamente de nacións ou nacionalidades, ou tamén existen nacións que acadaron estruturas administrativas ou de goberno propias. Noutros estados, a diversidade nacional non é ben vista, e dende o estado propúgnase unha uniformidade nacional.
A definición de que é ou non unha nación sen estado é subxectiva. Ademais, a miúdo conviven nun mesmo territorio persoas con sentimentos nacionais moi diferentes. Noutros, determinar cal é o territorio exacto que corresponde a unha nación pode ser difícil. En xeral, as nacións sen estado cumpren, polo menos, algún dos tres criterios seguintes:
- Recoñecemento oficial por parte do estado como comunidade nacional, nacionalidade ou semellante.
- Presenza de trazos culturais ou lingüísticos ben definidos e diferenciados dos maioritarios no estado.
- Existencia dun movemento cultural ou político que reivindique a existencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bodlore-Penlaez, Mikael (2017) [2010]. Atlas das Nações sem Estado na Europa. Traducido e adaptado por Fernando Corredoira e Abrahan Bande. Prólogo de Carlos Taibo. Através. ISBN 978-84-16545-11-7.