Nosce te ipsum
Nosce te ipsum, (en grego: γνῶθι σεαυτόν) un aforismo grego que significa literalmente "Coñécete a ti mesmo". Foi escrito no pronao do templo de Apolo en Delfos, segundo nos conta o historiador Pausanias[1].
A inscrición di o seguinte: “Advírtoche, quen queira que foses, oh; ti que desexas sondar os arcanos da natureza, que se non achas dentro de ti mesmo aquilo que buscas, tampouco poderás achalo fóra! Se ti ignoras as excelencias da túa propia casa, como pretendes encontrar outras excelencias? En ti áchase oculto o Tesouro dos tesouros. Coñécete a ti mesmo e coñecerás ó universo e ós deuses!”[2].
"Nosce te ipsum" ten ademais unha variante que é "Temet Nosce".
Na análise gramatical destas dúas formas podemos observar o seguinte: "Nosce te ipsum" Nosce (2ª persoa do singular, imperativo do verbo Nosco, "coñécete"); Te ipsum (acusativo do pronome Tu que significa "a ti" máis acusativo masculino singular do pronome ipse que significa "mesmo". "Temet nosce": Temet (acusativo do pronome Tu que significa "a ti" máis a partícula intensificadora enclítica -met, que realiza aquí a mesma función enfática que o adxectivo ipse-a-um da forma anterior.
Ao longo da historia, esta locución tivo unha gran variedade de significados que foi adquirindo na literatura. A Suda, unha enciclopedia do século X do coñecemento grego, afirma: "O proverbio aplícase a aqueles que se vanaglorian das súas accións"[3] e que "coñécete a ti mesmo" é unha advertencia para non prestar atención á opinión da multitude[4]. A frase pode referirse ao ideal de comprender a conduta humana, moral e pensamento, porque comprenderse un mesmo é comprender aos demais tamén e viceversa, sabendo que somos todos pertencentes á mesma natureza. Por iso aprender o verdadeiro significado da frase comporta inevitablemente a verse un mesmo como ser humano ante a verdade, que é o que é, e polo tanto descubrir as nosas miserias, en como nos enganamos e mentimos para alimentar o noso sufrimento interno.
O aforismo foi atribuído a varios sabios gregos antigos como Sócrates[5], Chilón de Esparta, Tales de Mileto, Pitágoras, Heráclito, Aristófanes[6][7] etc. Outras fontes atribúeno á poetisa grega mítica Femonoe
Ademais de aparecer como inscrición no templo de Apolo en Delfos, chama a atención que tamén aparece deste mesmo xeito no templo de Luxor, que foi construído durante o Antigo Exipto. Filósofos como Platón[8] empregárona a miúdo para motivar o diálogo. Na posteridade foi utilizada tamén polo filósofo posrenacentista Thomas Hobbes. En 1735, Carl Linnaeus publicou a primeira edición de ''Systema Naturae'' na que describe ós seres humanos coa simple frase Nosce te ipsum[9]. Ademais, como xa se citou, foi moi empregado na historia da literatura, por exemplo, no poema de Waldo Emerson que leva este aforismo por título.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pausanias, Descrición de Grecia,.
- ↑ Inscrición no Templo de Apolo.
- ↑ "Coñécete a ti mesmo ", como unha advertencia, en" Coñécete a ti mesmo. "Suda. Tr. Catherine Roth. 13 de agosto de 2002. 15 Febreiro de 2011 Arquivado 20 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "Coñece o valor de ti mesmo xustamente" en "Coñécete a ti mesmo" Suda. Tr. Catherine Roth. 13 de agosto de 2002. 15 Febreiro de 2011 Arquivado 20 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ Xenofonte describe a Sócrates usando o latinismo "Coñécete a ti mesmo. Xenofonte, Memorabilia 4.2.24..
- ↑ Aristófanes, As nubes 842 (en inglés).
- ↑ Aristófanes, As nubes 842 (en grego).
- ↑ Sócrates refírese a ela no Filebo de Platón 48c como un dito de Delfos..
- ↑ Caroli Linnaei Systema Naturae, páx. 20
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine.