Municipio de Jelgava
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Jelgava | ||||
Contén a división administrativa | Cena Parish (en) Eleja Parish (en) Glūda Parish (en) Jaunsvirlauka Parish (en) Kalnciems Parish (en) Lielplatone Parish (en) Līvbērze Parish (en) Ozolnieki Parish (en) Platone Parish (en) Salgale Parish (en) Sesava Parish (en) Svēte Parish (en) Valgunde Parish (en) Vilce Parish (en) Vircava Parish (en) Zaļenieki Parish (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.053 (2024) (20,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.556,82 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 321.345.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.071 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-041 | ||||
O municipio de Jelgava (en letón, Jelgavas novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, norma que fusionou o municipio de Jelgava e o municipio de Ozolnieki, preservando o nome do primeiro.
Fronteira con Lituania ao sur e co municipio de Mārupe ao norte, forma parte da rexión histórica de Semigalia.
A xestión administrativa deste municipio exércese desde a cidade de Jelgava, mais a propia cidade non pertence ao municipio de Jelgava xa que a cidade conta cun rango de autonomía propio e o territorio do municipio circunvala os bordos da cidade.
Ten unha superficie de 1604,1 km² e unha poboación de 31 484 persoas a comezos de 2022[1]. O Municipio cómponse das parroquias de Cenu, Eleja, Gluda, Jaunsvirlaukas, Kalnciem, Lielplatone, Livbērze, Ozolnieku, Platone, Salgale, Sesava, Svete, Valgunde, Vilce, Vircava e Zalenieki.
O municipio conserva vestixios de múltiples batallas ao longo da historia, da Orde Teutónica contra os pagáns semigaliáns, do 1566 durante as batallas do Ducado de Kurzeme e Zemgale, e na incorporación ao Imperio Ruso en 1795 ou no verán de 1944 durante a defensa soviética da cidade de Jelgava.
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]A parte norte do municipio sitúase na chaira areosa de Riga, próxima ás terras baixas costeiras, a parte sur está na chaira de Zemgale. O seu terreo está composto na súa maioría de carbonato de turba e turba podzólica. Os bosques ocupaban o 28% do territorio en 1982, porcentaxe lonxe da media do 50 % do país por unha maior abundancia de corpos de auga e vilas e pequenas cidades. O municipio está situado na conca do río Lielupe e está atravesado polos ríos Svete, Iecava, Misa, Svitene, Sesava, Vircava e Platone.
Temperatura media: -5,5 °C en xaneiro, 17 °C en xullo. A cantidade de precipitación é de 500 a 600 mm por ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.