Mirka
Aparencia
Mirka (Mikro-Rückkehrkapsel) ou Mirca (Micro Reentry Capsule) foi unha cápsula experimental de reentrada desenvolvida por Alemaña.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Mirka viaxou acaroada á nave Foton 8 e so foi activada ao final da misión desta, despois do acendido dos motores para reentrar na atmosfera. Mirka separouse da nave principal, iniciando a súa propia viaxe para estudar a reentrada atmosférica con varios experimentos a bordo:[1][2]
- HEATIN, para medir a distribución de temperatura, presión e o fluxo de calor no escudo térmico durante a reentrada.
- RAFLEX, para medir a presión aeroestática e aerodinámica no punto de estancamento e outras porcións da superficie da cápsula.
- PYREX, para medir a temperatura no interior do escudo térmico.
- HITZESCHILD, para probar o uso da estrutura exterior autosoportante como escudo térmico, aforrando peso.
Mirka foi desenvolvida por Kayser-Threde GmbH e DASA Jena-Optronik GmbH baixo contrato coa entón axencia espacial alemá DARA. Tiña forma esférica, cun diámetro de aproximadamente 1 m e unha masa total de 154 kg.[1][2]