Microsoft
Microsoft Corporation | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 4 de abril de 1975 Albuquerque, Novo México, Estados Unidos |
Localización | Microsoft Redmond Campus, Redmond, Washington Estados Unidos |
Fundador | Bill Gates, Paul Allen |
Persoas clave | Steve Ballmer (CEO) Bill Gates (Director) |
Industria | Informática |
Produtos | Microsoft Windows, Windows Phone, Microsoft Office, Microsoft Store, Microsoft Game Studios, Microsoft Visual Studio, Windows Live (antes MSN), Windows Store, Xbox, Xbox 360, Zune, Kinect, Microsoft Security Essentials, Microsoft Forefront, Bing, MSN TV, Skype, Surface |
Número de empregados | 94.000 (2012) |
Na rede | |
https://www.microsoft.com/, https://www.microsoft.com/en-gb, https://www.microsoft.com/de-de/ e https://www.microsoft.com/ja-jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada inicialmente para desenvolver e vender intérpretes de BASIC para o Altair 8800. A mediados dos anos 80 conseguiu dominar o mercado de ordenadores persoais co sistema operativo MS-DOS. A compañía iniciou unha oferta pública de venda no mercado de valores en 1986, a cal, debido á subida de cotización das accións, levou a catro empregados a converterse en milmillonarios e a 12.000 en millonarios.
Durante a súa historia, foi obxecto de críticas por parte da Comisión Europea e do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, que a acusaron de realizar prácticas monopolísticas.
Microsoft afianzou a súa posición noutros mercados como o dos sistemas operativos e suites de oficina, con recursos como a rede de televisión por cable MSNBC, o portal de Internet MSN, ou a enciclopedia multimedia Microsoft Encarta. A compañía tamén comercializa hardware, como o rato de Microsoft e produtos de entretemento caseiro como Xbox, Xbox 360, Zune ou WebTV. Microsoft deu soporte aos seus usuarios a través de Usenet en grupos de noticias e en Internet; tamén premia coa categoría de Microsoft MVP (Most Valuable Professional) a aqueles voluntarios que demostran ser útiles na asistencia á clientela.
A súa web oficial é unha das páxinas máis visitadas da rede. Segundo Alexa, en maio de 2008 recibía máis de 2,4 millóns de visitas únicas, co que se situaba como a 14ª web con máis visitas do mundo.
Produtos
[editar | editar a fonte]Sistemas operativos: MS-DOS, Windows (Windows 1.0, Windows 3.X, Windows 95, Windows 98, Windows ME, Windows 2000, Windows XP, Windows 2003 Server, Windows Vista, Windows Longhorn Server, Windows 7, Windows 8 e Windows 10).