Menopausa
Menopausa | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | N95.0 |
ICD-9 | 627.2 |
DiseasesDB | 8034 |
MedlinePlus | 000894 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A menopausa[1] (do grego: mens, que significa "mensualmente", e pausi, que significa "cesamento") defínese como o remate permanente da menstruación e ten correlacións fisiolóxicas, coa declinación da secreción de estróxenos por perda da función folicular. Este termo confúndese a miúdo co climaterio, e de feito, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, unha das acepcións do termo é precisamente a do «climaterio feminino».[2]
A idade media dunha muller que está tendo o derradeiro período, a menopausa, é 51,4 anos.[3] Este derradeiro sangrado é precedido polo climaterio, que é a fase de transición entre a etapa reprodutiva e non reprodutiva da muller. Este proceso comeza varios anos antes do último período, cando o ciclo (ou período menstrual) comeza a ser menos regular. A diminución nos niveis das hormonas estróxeno e proxesterona causa cambios na súa menstruación. Estas hormonas son importantes para manter en bo estado de saúde a vaxina e o útero, o mesmo que para os ciclos menstruais normais e para un embarazo. O estróxeno tamén axuda á boa saúde dos ósos e a que as mulleres manteñan un bo nivel de colesterol no sangue.
Algúns tipos de cirurxía ou o uso de medicamentos anticonceptivos poden producir a menopausa. Por exemplo, extirpar o útero (histerectomía) provoca o cesamento da menstruación. Cando se extirpan ámbolos ovarios (ooforectomía), os síntomas da menopausa comezan de súpeto, sen importar a idade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para menopausa.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para climaterio.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 13 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menopausa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chedraui P, Pérez-López FR, Mendoza M, Morales B, Martínez MA, Salinas AM, Hidalgo L. Severe menopausal symptoms in middle-aged women are associated to female and male factors. Arch Gynecol Obstet. 2010;281(5):879-85.
- Fernández-Alonso AM, Cuadros JL, Chedraui P, Mendoza M, Cuadros AM, Pérez-López FR. Obesity is related to increased menopausal symptoms among Spanish women. Menopause Int. 2010;16(3):105-10.
- Fontaine KR, Redden DT, Wang C, Westfall AO, Allison DB. Years of life lost due to obesity. JAMA. 2003;289(2):187-93.
- Groessl EJ, Kaplan RM, Barrett-Connor E, Ganiats TG. Body mass index and quality of well-being in a community of older adults. Am J Prev Med. 2004;26(2):126-9. PMID 14751323
- Pérez-López FR, Chedraui P, Gilbert JJ, Pérez-Roncero G. Cardiovascular risk in menopausal women and prevalent related co-morbid conditions: facing the post-Women's Health Initiative era. Fertil Steril. 2009;92(4):1171-86.
- Pérez-López FR, Chedraui P, Haya J, Cuadros JL. Effects of the Mediterranean diet on longevity and age-related morbid conditions. Maturitas. 2009;64(2):67-79.
- Pérez-López FR, Larrad-Mur L, Kallen A, Chedraui P, Taylor HS. Gender differences in cardiovascular disease: hormonal and biochemical influences. Reprod Sci. 2010;17(6):511-31