Marineda
Aparencia
Marineda | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña |
Fundación | 1922 |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para o complexo comercial da Coruña vexa Marineda City.
Marineda foi un semanario publicado na Coruña en 1922.
Descrición
[editar | editar a fonte]Continuadora de Luz, apareceu o 18 de agosto de 1922. Imprimíase nos talleres de El Noroeste e entre as súas seccións incluía artigos, folletín, poesía, deportes, pasatempos, fotografías e notas de sociedade.
O propietario e director era Enrique Dequidt Carreras e o xefe de redacción Manuel Barbeito Herrera. Entre os colaboradores estaban Matías Usero, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Viturro Somoza, Elvira Novo García e Margarita Astray.
Foi continuada por El Postín.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Pais, Carmen (2005). "Marineda". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hemeroteca Arquivado 16 de setembro de 2018 en Wayback Machine. da Real Academia Galega.