Mariña portuguesa
Mariña Porguguesa | |
---|---|
Marinha Portuguesa | |
Estandarte dos buques | |
Activa | 12 de decembro de 1317 (706 anos) |
País | Portugal |
Rama | Forças Armadas de Portugal |
Tipo | Naval |
Tamaño | Militares: 8900 Paramilitares: 1000 Civís: 2700 |
Patrocinador | São Jorge |
Lema(s) | A Pátria honrae que a Pátria vos Contempla e Talant de Bien Faire (vontade de ben facer) |
Aniversarios | 20 de maio |
Equipamento | Fragatas: 5 Submarinos: 2 Patrulleiros: 21 Landing craft: 1 Buques apoio: 1 Investigación: 4 Veleiros: 3 Auxiliares: 50 |
Enfrontamentos | 1180 - Cabo Espichel 1501 a 1502 - Cananor 1509 - Diu 1513 - Estreito de Malaca 1554 - Golfo de Omán 1594 - Illa do Faial 1601 - Bantam 1625 - Ormuz 1638 - Barra de Goa 1640 - Paraíba 1647 a 1649 - Atlántico Sur 1717 - Batalla de Matapão 1736 - Campaña do Río da Prata 1752 - Calicute 1798 a 1800 - Cerco de Malta 1809 a 1810 - Boca do Tigre 1918 - Atlántico Norte 1961 - India 1961-1975 - África |
Páxina web | https://www.marinha.pt |
Comandantes | |
Comandante actual | António Manuel Fernandes da Silva Ribeiro |
Aeronaves utilizadas | |
Helicópteros | Westland Lynx (5) |
A Mariña portuguesa (en portugués: Marinha Portuguesa; tamén coñecida de modo extra oficial como Armada Portuguesa ou Marinha de Guerra Portuguesa), é o ramo das Forzas Armadas Portuguesas que ten por misión cooperar, de forma integrada, na defensa militar de Portugal, en operacións navais. A Marinha desempeña tamén misións no ámbito dos compromisos internacionais asumidos por Portugal, como na OTAN á que pertence.
A Marinha Portuguesa incluíu tamén, compoñentes non militares, nas áreas da autoridade e seguridade marítima, a investigación e os asuntos culturais relacionados co mar.
Dende a desaparición do Ministério da Marinha, en 1974 os termos tiñan diferentes significados. "Marinha" designaba o conxunto constituído pola Marinha Mercante e pola Marinha de Guerra, ambas tuteladas polo Ministério da Marinha. "Marinha de Guerra" designaba a compoñente da mariña adicada á actividade militar. "Armada" designaba a escala máis elevada das Forzas Navais, sendo, a Armada Nacional, a totalidade das forzas navais que constituían a Marinha de Guerra de Portugal. Polo tanto a Armada era, ao mesmo tempo, a ramo naval das Forzas Armadas portuguesas e a compoñente militar da Marinha. A partir de 1982, a ramo naval das Forzas Armadas pasou a ser, oficialmente designada coma "Marinha", manténdose, con todo, o uso do termo "Armada" para designar algúns dos seus órganos.
Frota
[editar | editar a fonte]As unidades navais armadas da Marinha Portuguesa reciben o prefixo "N.R.P." antes do respectivo nome, significando "Navio da República Portuguesa". As unidades non armadas reciben o prefixo "U.A.M." significando "Unidade Auxiliar da Marinha".
A Marinha Portuguesa está en fase de re equipamento despois de ter comprado cinco navíos de patrulla costeira ao reino da Dinamarca da clase Stanflex dous das cales se encontran en fase final de modernización no Arsenal de Alfeite e a modernización das fragatas da clase Bartolomeu Dias unha das cales xa se encontra en Holanda para ser modernizada e dos helicópteros Lynx da mariña, dous dos cales xa se encontran en Reino Unido. Está tamén a ser construído o cuarto navío de patrulla oceánica da clase Viana do Castelo. O segundo submarino da clase Tridente, en breve será tamén modernizado en Portugal. E finalmente está previsto a curto prazo a substitución do navío re abastecedor Bérrio, construción de novos NPO da clase Viana do Castelo e a adquisición dun navío polivalente loxístico.
Tipo | Imaxe | Nome | Servizo (Ano const.) | Desprazamento (ton.) | Eslora (m) | Velocidade (Nós) | Autonomía (nmi) | Guarnición |
Navios de combate | ||||||||
Fragatas (FFG) Clase Bartolomeu Dias |
F-333 Bartolomeu Dias | 1994 | 3320 | 122,5 | 29 | 5000 | 176 | |
F-334 D. Francisco de Almeida | 1994 | 3320 | 122,5 | 29 | 5000 | 176 | ||
Fragatas (FFG) Clase Vasco da Gama |
F-330 Vasco da Gama | 1990 | 3200 | 115,90 | 32 | 4000 | 180 | |
F-331 Álvares Cabral | 1991 | 3200 | 115,90 | 32 | 4000 | 180 | ||
F-332 Corte-Real | 1992 | 3200 | 115,90 | 32 | 4000 | 180 | ||
Corvetas (FS) Clase Baptista de Andrade |
F-487 João Roby | 1975 | 1401 | 81 | 24 | 5000 | 113 | |
Corvetas (FS) Clase João Coutinho |
F-471 António Enes | 1971 | 1401 | 81 | 24 | 5000 | 93 | |
Submarinos (SSK) Clase Tridente |
S-160 Tridente | 2009 | 2020 | 68 | 20 | 12 000 | 33 | |
S-161 Arpão | 2010 | 2020 | 68 | 20 | 12 000 | 33 | ||
Navíos loxísticos | ||||||||
Aprovisionamento en combate (AOR) Classe Rover |
A-5210 Bérrio | 1991 | 11 522 | 140,6 | 19 | 15 000 | 71[1] | |
Navíos contra-minas | ||||||||
Caza-minas (MCM) | Os navios patrulla Oceánicos ou Costeiros da clase Tejo, poden se é necesario facer esa función. | |||||||
Patrulleiros e Avisos | ||||||||
Patrulheiros P590 (PB) Clase Tejo |
P-590 Tejo | 1992 | 320 | 54 | 30 | 3860 | 23 | |
P-591 Douro | 1992 | 320 | 54 | 30 | 3860 | 23 | ||
P-592 Mondego | 1992 | 320 | 54 | 30 | 3860 | 23 | ||
P-593 Guadiana (aínda en modernización no Arsenal do Afeite) | 1992 | 320 | 54 | 30 | 3860 | 23 | ||
Patrulleiros Oceánicos P360 (OPV) Clase Viana do Castelo |
P-360 Viana do Castelo | 2010 | 1750 | 83,1 | 23 | 4859 | 35 | |
P-361 Figueira da Foz | 2013 | 1750 | 83,1 | 23 | 4859 | 35 | ||
P-362 Sines | 2018 | 1750 | 83,1 | 23 | 4859 | 35 | ||
P-363 Setúbal | 2018 | 1750 | 83,1 | 23 | 4859 | 35 | ||
Patrulheiros P1140 (PB) Clase Cacine |
P-1146 Zaire | 1970 | 292 | 44 | 20 | 4500 | 33 | |
Guarda-Costas P1155 (PC) Clase Centauro |
P-1155 Centauro | 2000 | 94 | 27 | 24 | 1350 | 8 | |
P-1156 Orion | 2001 | 94 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
P-1157 Pégaso | 2001 | 94 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
P-1158 Sagitário | 2001 | 94 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
Guarda-Costas P1150 (PC) Clase Argos |
P-1150 Argos | 1991 | 97 | 27 | 24 | 1350 | 8 | |
P-1151 Dragão | 1991 | 97 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
P-1152 Escorpião | 1991 | 97 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
P-1153 Cassiopeia | 1991 | 97 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
P-1154 Hidra | 1991 | 97 | 27 | 24 | 1350 | 8 | ||
Patrulheiro Fluvial P370 (PB) Clase Rio Minho |
P-370 Rio Minho | 1991 | 70 | 22,5 | 9,5 | 800 | 8 | |
Navios auxiliares | ||||||||
Hidrográficos Clase Andrómeda |
A-5203 Andrómeda | 1987 | 245 | 31,4 | 13 | 1980 | 19 | |
A-5205 Auriga | 1987 | 245 | 31,4 | 12 | 1980 | 19 | ||
Investigacións Oceanográficas Clase D. Carlos I |
A-522 D. Carlos I | 1989 | 2300 | 68,7 | 10,5 | 6400 | 49 | |
A-523 Almirante Gago Coutinho | 1985 | 2300 | 68,7 | 10,5 | 6400 | 49 | ||
Navío escola | A-520 Sagres | 1937 | 1940 | 70,4 | 10,5 | 5450 | 139 | |
Veleiros Escola Clase Polar |
A-5204 Polar | 1977 | 70 | 22,9 | - | - | 5 | |
Treino | UAM-201 Creoula | 1937 | 1300 | 67,4 | - | - | 38 | |
Lanchas de Instrucción Clase Albatroz |
UAM-630 Condor | 1975 | 45 | 18,4 | 20 | 4500 | 8 |
A máis das unidades enriba referidas a Marinha Portuguesa posúe un elevado número de pequenas embarcacións de patrulla, de operacións anfibias e auxiliares.
Aeronaves
[editar | editar a fonte]Modelo | Fabricante | Vel. máxima | Teito | Alcance | Entrada en servizo |
Esquadrilla | Unidades |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Helicópteros | |||||||
Westland Super Lynx Mk95 |
Reino Unido GKN Westland Aircraft | 296 km/h | 3230 m | 188 km | 1993 | - | 5 |
Os helicópteros Linnx da Marinha Portuguesa, iniciaron un proceso de modernización, no Reino Unido.
-
Um helicóptero Westland Super Lynx Mk95 pousando sobre a fragata Vasco da Gama (F-330).