Manuel Hurtado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1984 (40 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, atleta |
Partido político | Compromiso por Galicia |
Deporte | atletismo |
Manuel Hurtado Sanjurjo, nado en Lugo o 27 de xuño de 1984, é un atleta, adestrador deportivo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en 2009 en xornalismo pola Universidade Complutense mentres residía no Centro de Alto Rendemento de Madrid[1] e logo fixo maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela (2012). Coñecido deportivamente como Huracán Hurtado é especialista de media e longa distancia, e antes de marcha atlética, acadou o 3º posto no Campionato de España de 10 km no 2010. 1º posto nos 10 000 m en 2012 no Campionato de España Universitario de Atletismo. No 2015 gañou nos 5000 m do Campionato Galego absoluto e quedou en terceiro lugar do Campionato de España de Carreira de Montaña. En 2017 volveu gañar o Campionato Galego en 5000 e 10 000 m. En 2018 proclamouse campión galego de cross curto, cross longo e medio maratón.[2]
Dende o ano 2010 comezou a colaborar co seu primeiro club de atletismo nos labores de monitor, chegando a ter o título de adestrador nacional nivel II no ano 2015 e nivel III no 2018. Dende 2010 é adestrador de base nun colexio de Lugo e mais tamén dirixe a campioa de España sub-18 dos 3000 m, Sara López[3] e a subcampioa sub-16 nos 600 m, Carmen Victoria González.
Actividade pública
[editar | editar a fonte]Realizou colaboracións con diversos medios xeneralistas e tamén especializados en información deportiva, e máis é tertuliano do programa Voces de Lugo de RadioVoz, dirixido por Félix Jorquera. En agosto de 2018, anunciou publicamente o seu salto á política local, logo de presentar a súa candidatura a encabezar a lista de Compromiso por Galicia nas eleccións municipais de 2019[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pablo Díaz "Manuel Hurtado, un Huracán en continuo movimiento". Run Galicia
- ↑ "Hurtado e Castaño, Campeones Gallegos de Cross". Galicia Deportiva. Consultado o 2018-09-14.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "Una joya con pundonor". El Progreso de Lugo. Consultado o 2018-09-14.
- ↑ "Manolo Hurtado: «Quero un Lugo aberto e moderno»". La Voz de Galicia. 2018-07-30. Consultado o 2018-09-14.