Matterhorn
Aparencia
Coordenadas: 45°58′35″N 7°39′31″L / 45.976388888889, 7.6586111111111
Matterhorn | |
---|---|
Vista da cidade de Zermatt co Matterhorn ao fondo. | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Alpes |
Localización administrativa | |
Localización | Suíza e Italia |
Características xerais | |
Altitude | 4478 m |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 14 de xullo de 1865 |
Matterhorn (coñecido como Cervino en italiano; Cervin en francés e Hore ou Horu no dialecto walser) é a quinta montaña máis alta dos Alpes, con 4478 metros. Sitúase na fronteira entre Suíza e Italia, preto da cidade de Zermatt, no cantón de Valais ao nordés e o Val de Aosta ao sur.
É un dos símbolos máis famosos de Suíza, tendo aparecido en varios filmes e pinturas. Tamén inspirou logotipos de empresas internacionalmente coñecidas, como é o caso da marca de chocolate Toblerone ou a compañía cinematográfica Paramount Pictures.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O monte dende o val de Valtournenche, en Italia.
-
Vista dende o tren a Gornergrat.
-
Cara leste.
-
Anuncio de Toblerone dos anos 20, cun debuxo do Matterhorn.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eyman, Scott (2010). Empire of Dreams. Simon & Schuster.