Matelotage
Aparencia
O matelotage (do francés matelot, home de mar), foi unha institución análoga ó matrimonio que existiu entre os piratas arredor do século XVII.
Características
[editar | editar a fonte]Tratábase dunha unión permanente e formal entre dous homes adultos. Os dous membros da parella unían os seus bens, loitaban xuntos e coidaban un do outro en caso de doenza. En ocasións o matelotage quedaba expresado por medio dun contrato no que se estipulaba que, en caso de falecemento dun deles, a súa parella herdaba todos os seus bens.
Esta práctica era común na illa de La Tortuga e chegou a normalizarse entre a poboación civil de illas como A Española ou Xamaica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estapé, L. (28/09/2013). www.cascaraamarga.es, ed. "Bodas homosexuales en el mundo de los piratas". Arquivado dende o orixinal o 11/04/2021. Consultado o 28/09/2013.(en castelán)