Moeda dun franco de Gaulle
1 franco de Gaulle [1][2][3] | |
---|---|
A/: Cabeza de Charles de Gaulle cara á dereita. Marca de gravador: monograma ER.
Lendas: CHARLES DE GAULLE / REBUBLIQUE FRANÇAISE (lendas separadas por senllas cruces de Lorena). |
R/: Valor facial dentro dun marco hexagonal. Data no exergo, flanqueada por marcas do director da ceca: golfiño e cornucopia.
Lendas: LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ / 1958 · 1988. |
|
O franco de Gaulle é unha moeda con valor facial dun franco francés cuñada en 1988 na honra do expresidente da República Francesa Charles de Gaulle e emitida con motivo do trixésimo aniversario da proclamación da quinta República Francesa, en 1958.[1][2][3]
O deseño e o gravado da moeda débeselle ao daquela gravador xeral de moedas de Francia, Émile Rousseau, e da súa produción encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]
Moeda circulante
[editar | editar a fonte]Existen dúas variantes desta moeda, á parte do seu modelo estándar.
Por unha banda, un reducido número de exemplares foron cuñados cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate. Nestas moedas incluíuse a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, no espazo entre o a parte inferior do marco e a data [4]
Coñécense ademais algúns exemplares nos que non aparecen as marcas do golfiño e a cornucopia a ambos os lados da data, no exergo do reverso, característicos da emisión ordinaria. Descoñécese a cantidade de exemplares con esta variante que, pola súa rareza, é moi apreciada polos coleccionistas e ten unha cotización superior no mercado numismático.[1][5]
Tiraxes
[editar | editar a fonte]Ano de emisión | Tipo | Exemplares cuñados |
---|---|---|
1988 | Proof - Essai | 1.850 |
Estándar | 49.917.011 | |
Sen marcas | ? |
Emisións especiais
[editar | editar a fonte]Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén dúas versións destinadas ao mercado do coleccionismo e do investimento: unha delas é a cuñada en ouro (920 milésimas, 23,85 mm, 9 g),[6][7] cunha tiraxe de 20.000 exemplares, e outra en prata de tamaño meirande (900 milésimas, 37 mm, 22,22 g), da que se cuñaron 60.000 exemplares.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "1 franc De Gaulle Nickel". fr.numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic)". Colnect.com
- ↑ 3,0 3,1 Lauber W. (2013). Páxinas 111-112 (foto na páxina 110).
- ↑ "1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Essai)". Colnect.com
- ↑ "1 franc De Gaulle, sans différents". cgb.fr
- ↑ "1 franc De Gaulle Or". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Gold)". Colnect.com
- ↑ "1 franc De Gaulle Argent". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (30th Anniversary of Fifth Republic - Silver)". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
- Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.