Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua norfolk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norfolk
Outros nomes:Norfuk, Norf'k
Falado en: Australia
Rexións: Illa Norfolk
Total de falantes: 400 (2008)
Familia: Inglés crioulo
 Pacífico
  Pitcairnés
   Norfolk
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: Illa Norfolk Illa Norfolk
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O norfolk está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua norfolk (tamén chamada norfuk ou norf'k)[2] é unha lingua crioula falada na Illa Norfolk (no Oceáno Pacífico) polos seus residentes locais. É unha mestura do inglés do século XVIII e o tahitiano, orixinalmente introducido por falantes de pitcairnés das Illas Pitcairn. Xunto co inglés, é a lingua oficial da Illa Norfolk.[3][4]

Dende que as viaxes que conectan a illa Norfolk se foron facendo máis comúns, o norfolk está caendo en desuso.[5] Os esforzos por restaurar o uso da lingua céntranse na educación dos nenos, na publicación de dicionarios inglés-norfolk, o emprego da lingua na administración e en renomear algunhas das súas atraccións turísticas – destacando o paseo da selva "A Trip Ina Stik". No ano 2007, as Nacións Unidas engadiron ó norfolk na súa lista de linguas en perigo.[6]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Norfolk Island Language (Norf’k) Act 2004 (Act No. 25 of 2004)". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  3. The Dominion Post, 21 de abril de 2005 (page B3)
  4. The Daily Telegraph, Save our dialect, say Bounty islanders Arquivado 16 de xuño de 2006 en Wayback Machine., consultado o 6 de abril de 2007
  5. Feizkhah, Elizabeth, Keeping Norfolk Alive Arquivado 01 de novembro de 2001 en Wayback Machine., TIME Pacific, 6 de agosto de 2001]
  6. ABC News (ed.). "UN adds Norfolk language to endangered list". Consultado o 5 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]