Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Libido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo libido é sinónimo de desexo sexual. Así mesmo é un concepto descrito por Sigmund Freud. Refírese á enerxía vital xeral da persoa. A mente é un sistema que se autorregula grazas á loita entre tendencias ou instancias opostas: trátase de forzas ou pulsións (enerxía psíquica profunda que orienta o comportamento cara a un fin e se descarga ao conseguilo). A esta dialéctica interna da psique chámaselle libido.