Liña 5 do metro de Barcelona
Aparencia
A liña 5 ou liña azul do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo nas cidades de Cornellà de Llobregat, Esplugues de Llobregat, l'Hospitalet de Llobregat e Barcelona. A liña inaugurouse o 21 de xullo de 1959 como liña II e actualmente une as estacións de Cornellà Centre e Vall d'Hebron.
O trazado da liña é de dobre vía soterrada, excepto un pequeno tramo ao redor da estación e cocheiras de Can Boixeres. Os talleres e as cocheiras atópanse en Can Boixeres, Vilapicina e Vall d'Hebron. Actualmente a liña ten unha lonxitude de 18,9 quilómetros e vinte e seis estacións.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.