Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lemas dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nil sine numine, lema de Colorado.
Live free or die, lema de Nova Hampshire.
Eureka, lema de California.
Freedom and Unity,lema de Vermont.
In God we trust, lema de Florida.
Crossroads of America, lema de Indiana.
Ad astra per aspera, lema de Kansas.
Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono, lema de Hawai.

Os cincuenta estados dos Estados Unidos teñen un lema estatal, ao igual que o Distrito de Columbia. O lemas doitan ser formais, de feito, vinte deles están directamente escritos en latín, e non adoitan variar ao longo do tempo. Nese sentido, non deben ser confundidos cos alcumes estatais, que os gobernos dos diferentes estados adoitan crear para tentar fomentar o turismo interno e externo (por exemplo, Sunshine state, "o estado soleado", para referirse a Florida).

Os Estados Unidos como un todo teñen dous lemas oficiais: dende 1789 o latino E pluribus unum ("De moitos, un") e dende 1956 tamén o inglés In God we trust ("En Deus confiamos"), aínda que este último foi historicamente impreso no reverso dos billetes de dólar, e sería así mesmo adoptado localmente polo recentemente mencionado estado de Florida.

Estado e lema

[editar | editar a fonte]
Estado Lema Tradución ao galego Lingua Data
Alabama Audemus jura nostra defendere Ousamos defender os nosos dereitos Latín 1923
Alasca North to the future Do norte ao futuro Inglés 1967
Arizona Ditat Deus Deus enriquece Latín 1863
Arcansas Regnat populus O pobo manda Latín 1907
California Eureka Acheino Grego 1849
Colorado Nil sine numine Nada sen providencia Latín 1861
Connecticut Qui transtulit sustinet El, que transplantou, sostén Latín 1662
Delaware Liberty and Independence Liberdade e independencia Inglés 1847
Distrito de Columbia Justitia Omnibus Xustiza para todos Latín 1871
Florida In God We Trust En Deus confiamos Inglés 1868
Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia Wisdom, justice, and moderation Sabedoría, xustiza, e moderación Inglés 1798
Hawai Ua mau ke ea o ka ʻāina i ka pono A vida da terra é perpetuada pola xustiza Hawaiano 1843
Idaho Esto perpetua Que sexa perpetuo Latín 1890
Illinois State sovereignty, national union Soberanía estatal, unión nacional Inglés 1819
Indiana The Crossroads of America A encrucillada de América Inglés 1937
Iowa Our liberties we prize and our rights we will maintain As nosas liberdades apreciamos e os nosos dereitos manteremos Inglés 1847
Kansas Ad astra per aspera Ás estrelas a través das dificultades Latín 1861
Kentucky Deo gratiam habeamus Demos grazas a Deus Latín 2002
Luisiana Union, justice, confidence Unión, xustiza, confianza Inglés 1902
Maine Dirigo Dirixo Latín 1820
Maryland Fatti maschii, parole femine Feitos de home, verbas de muller Italiano 1874
Massachusetts Ense petit placidam sub libertate quietem Pola espada procuramos paz, mais paz só baixo a liberdade Latín 1775
Míchigan Si quaeris peninsulam amoenam circumspice Se buscas unha península agradable, olla ao redor de ti Latín 1835
Minnesota L'étoile du Nord A estrela do norte Francés 1861
Mississippi Virtute et armis Virtude e armas Latín 1894
Missouri Salus populi suprema lex esto Que o ben do pobo sexa a lei suprema Latín 1822
Montana Oro y plata Ouro e prata Castelán 1865
Nebraska Equality before the law Igualdade ante a lei Inglés 1867
Nevada All For Our Country Todo polo noso país Inglés 1866
Nova Hampshire Live Free or Die Vivir ceibe ou morrer Inglés 1945
Nova Jersey Liberty and prosperity Liberdade e prosperidade Inglés 1928
Novo México Crescit eundo Medra a medida que avanza Latín 1887
Nova York Excelsior Sempre cara a arriba Latín 1778
Carolina do Norte Esse quam videri Ser, máis que semellar Latín 1893
Dakota do Norte Liberty and union, now and forever, one and inseparable Liberdade e unión, agora e sempre, unha e inseparable Inglés 1889
Ohio With God, all things are possible Con Deus, tódalas cousas son posibles Inglés 1959
Oklahoma Labor omnia vincit O traballo todo o vence Latín 1893
Oregón Alis volat propriis Voas coas súas propias ás Latín 1854
Pensilvania Virtue, Liberty, and Independence virtude, liberdade, e independencia Inglés 1875
Rhode Island Hope Esperanza Inglés 1644
Carolina do Sur Dum spiro spero Mentres respiro, teño esperanza Latín 1777
Dakota do Sur Under God the people rule Baixo Deus a xente rexe Inglés 1885
Tennessee Agriculture and commerce Agricultura e comercio Inglés 1802
Texas Friendship Amizade Inglés 1930
Utah Industry Industria Inglés 1896
Vermont Freedom and Unity Liberdade e unidade Inglés 1779
Virxinia Sic semper tyrannis Así sempre aos tiranos Latín 1776
Washington Al-ki No futuro Chinook Non oficial
Virxinia Occidental Montani semper liberi Os montañeiros son sempre ceibes Latín 1863
Wisconsin Forward Adiante Inglés 1851
Wyoming Equal Rights Iguais dereitos Inglés 1893

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]