Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Le Perthus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLe Perthus
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°27′51″N 2°51′46″L / 42.4642, 2.8628
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoPireneos Orientais
Comarca histórica da CataluñaVallespir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación560 (2021) Editar o valor en Wikidata (131,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie4,27 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude196 m-647 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
23 de maio de 1793Siege of Bellegarde (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataThierry Thadee (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal66480 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina weble-perthus.com Editar o valor en Wikidata

Le Perthus (en catalán: El Pertús) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón homónimo e tiña 586 habitantes en 2008.

Atópase na fronteira con España. A estrada Route nationale 9 divide a localidade en dúas metades: a parte norte e oeste forman parte de Francia e a parte leste e sur recibe o nome de Els Límits e pertence ao concello español de La Jonquera, na provincia de Xirona.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O paso de Le Perthus (en francés: Col du Perthus, en catalán: Coll de Panissars) é o máis baixo dos Pireneos orientais. Isto explica por que a Route nationale 9 e a Autoroute A9 atravesan a devandita cadea montañosa por aquí. Tamén o fai, a través dun túnel, a liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán, tramo da liña que une Barcelona e París.

Aínda que o pobo está situado ao sur do paso, está compartido entre España e Francia, co fin de que esta última garde a soberanía do forte de Bellegarde, que controlaba o paso entre os dous países.

A comuna de Le Perhus limita con Maureillas-las-Illas, L'Albère, Les Cluses e La Jonquera.

Ao principio, a localidade estaba composta de casetas aduaneiras. Foi o escenario dun éxodo masivo de refuxiados no ano 1939, con motivo da Guerra civil española, éxodo que finalizou cando as tropas franquistas lograron a posición o 9 de febreiro. Dende os anos 50, é un dos puntos de pasos máis importantes entre Francia e España e tamén un inmenso núcleo comercial, análogo ao situado en Els Límits (La Jonquera), ao outro lado da fronteira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]