Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Labourse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLabourse
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°29′55″N 2°40′48″L / 50.4986, 2.68
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
DepartamentoPas-de-Calais Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.894 (2021) Editar o valor en Wikidata (619,7 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921659 Traducir
Q3550958 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie4,67 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m-44 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal62113 Editar o valor en Wikidata

Páxina webville-labourse.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villelabourse Instagram: villelabourse Editar o valor en Wikidata

Labourse é un concello do departamento francés do Paso de Calais.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Labourse constitúe un único núcleo de poboación, conformado como unha vila. Sitúase a 3 km. ao sueste de Béthune e 22 ao suroeste de Lille cos que se comunica por medio das estradas D65 e D943. Ademais a autoestrada A26 atravesa o concello. Ao norte limita co concello de Beuvry, ao leste con Sailly-Labourse, ao sueste con Mazingarbe, ao suroeste con Nœux-les-Mines e ao oeste con Verquigneul. Entre 1793 e 1801 tivo como nome oficial La Bourse[1].

Política e administración

[editar | editar a fonte]

O concello atópase no distrito de Béthune e para as eleccións a deputados dende 2012 forma parte da décima circunscrición do Paso de Calais.

Entre 1801 e 1973 formou parte do cantón de Cambrin, ano no que se integrou no de Nœux-les-Mines[1]. Durante a redifinición cantonal de 2014 o cantón pasou de 4 a 13 concellos, entre os que se mantivo Labourse.

Labourse foi membro da Comunidade de Concellos de Nœux e Contorna, creada en 1992 e que desapareceu en 2014 para se integrar no seo da Comunidade de Aglomeración do Artois mais como consecuencia dunha nova lei en 2015 sobre a organización territorial que establecía que os establecementos públicos de cooperación intercomunal tivan que contar cun mínimo de 15000 habitantes a CA de Artois fusionouse como Comunidade de Concellos de Artois-Lys e a Comunidade de Concellos de Artois-Flandres para formar o 1 de xaneiro de 2017 a Comunidade de Aglomeración de Béthune-Bruay, Artois-Lys Romane, da que entrou a formar parte Labourse.

Ademais o concello tamén é membro do SIVOM do Béthunois, o que lle asegura varios servizos en especial hidráulicos, de restauración escolar, centros de lecer ou mantemento de redes viarias[2].

Poboación

[editar | editar a fonte]

En 2017, o concello contaba con 2 847 habitantes, un 17,21 % máis en relación a 2012 (Paso de Calais : +0,3 %, Francia : +2,36 %).

Estrutura da poboación

[editar | editar a fonte]

A súa poboación é relativamente nova. A taxa da poboación de máis de 60 anos (17,2 %) é de certo inferior ao total nacional (25,3 %) e o departamental (24,4 %). A repartición da poboación por idade era en 2017 a seguinte:

  • 48,12 % de homes (0 a 14 anos = 25,3 %, 15 a 29 anos = 17,3 %, 30 a 44 anos = 22,5 %, 45 a 59 anos = 21,1 %, máis de 60 anos = 13,8 %) ;
  • 51,98 % de mulleres (0 a 14 anos = 23,2 %, 15 a 29 anos = 15,3 %, 30 a 44 anos = 23,8 %, 45 a 59 anos = 17,4 %, máis de 60 anos = 20,2 %)[3].

Evolución histórica da poboación

[editar | editar a fonte]
Serie de poboación histórica de Labourse
Ano17931851190119261962196819751982199019992006
Poboación190354113422432130220119261711205720282190
Dende o ano 1962: Non hai dobre contaxe—os residentes de comunas múltiples (p.ex. estudantes e persoal militar) só se contabilizan unha vez.
Entrada a Labourse dende Sailly-Labourse

En 2017 había 1086 vivendas, 1023 constituían a vivenda principal da familia e 59 estaban desocupadas. 1084 eren casas e 2 apartamentos. Das 1023 vivendas principais, 687 estaban ocupadas polos seus propietarios, 321 estaban alugadas e ocupadas polos arrendatarios e 15 máis estaban cedidas a título gratuíto; 38 tiñan dous cuartos, 107 tres, 298 catro e 579 cinco ou máis. Do total de vivendas, 829 dispuñan ademais dunha praza de aparcadoiro. En 425 vivendas había un automóbil e en 496 dous ou máis[3].

Economía

[editar | editar a fonte]

En 2007 a poboación en idade de traballar era de 1.807 persoas, 1331 eran activas e 476 inactivas. Das 1331 activas 1157 estaban ocupadas (624 homes e 533 mulleres) e 174 espaban paradas.

Actividade económica

[editar | editar a fonte]

Dos 88 establecementos que había en 2014, 5 eran de empresas extractivas, 1 alimentaria, 2 dedicadas á fabricación de material eléctrico e informáticos, 13 de empresas de fabricación doutros produtos industrias, 10 de construción, 18 de comercio e reparación de automóbiles, 1 de transportes, 5 de hostalería e restauración, 1 financeira, 7 científicas e técnicas, 7 entidades da administración pública e 17 empresas clasificadas como outras actividades de servizos[4].

Igrexa de Saint-Martin.

Dos 30 establecementos de servizos aos particulares en 2019, 1 era unha oficina de correo, 2 talleres de repación de automóbiles, 1 taller de inspección técnica de vehículos, 4 negocios de albanelería, 7 de decoración-pintura, 2 de fontanería, 1 de electricidade, 1 de construción, 5 salóns de peiteado, 1 restaurante, 2 inmobiliarias e 2 de beleza[5].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Un dos monumentos máis salientables do patrimonio arquitectónico do concello é a igrexa parroquial dedicada a San Martiño, inscrita como monumento histórico o 26 de maio de 1926, data do século X e constitúe unha das igrexas máis antigas do Paso de Calais; reconstruíuse no século XVI.