Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Long Island Sound

Modelo:Xeografía físicaLong Island Sound
(en) Long Island Sound Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoEstuario Editar o valor en Wikidata
EpónimoLong Island Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°05′48″N 72°52′52″O / 41.096666666667, -72.881111111111
Afluentes
Mapa de Connecticut, onde se aprecia o Long Island Sound e a parte norte de Long Island

O Long Island Sound (estreito de Long Island) é un estuario do océano Atlántico, onde desembocan numerosos ríos da rexión de Nova York, nos Estados Unidos. Está situado entre as costas Connecticut ao norte e Long Island ao sur, e as beiras de Nova York ao suroeste. A desembocadura do río Connecticut en Old Saybrook (Connecticut) atópase no estreito de Long Island. Ao final do extremo oeste, está bordeado polo lado norte polo condado de Westchester (Nova York) e o Bronx, e únese ao East River. Este estreito está ás veces considerado como a fronteira natural entre Nova Inglaterra e os estados da rexión do Mid-Atlantic (Nova York, Pensilvania, Nova Jersey, Maryland e Delaware.)

O primeiro europeo en navegar polo Long Island Sound foi o explorador e comerciante holandés Adriaen Block en 1614 a bordo do buque Onrust explorou o East River e entrou no Long Island Sound. Viaxando ao longo do estreito, internouse no río Housatonic (que era chamado o "Río dos Outeiros Vermellos") e no río Connecticut, que explorou polo menos ata o que é na actualidade Hartford, sesenta millas río dentro [1].

Durante o período colonial este estreito era chamado The Devil's Belt (O Cinto do Diaño)[2] e os arrecifes que se atopan no seu percorrido eran coñecidos como Devil's Stepping Stones (Os Chanzos do Diaño).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O estreito de Long Island ten unha lonxitude de preto de 145 km e unha anchura que vai dos 5 aos 32 km. A profundidade media é de 20 m, cunha profundidade máxima de 45 metros.

O río principal que desemboca na súa parte norte é o río Connecticut. Outros ríos que desembocan ao longo da costa de Connecticut son o Thames e o Housatonic. A costa é baixa e areosa.

As maiores cidades ao longo da costa de Connecticut son, do leste ao oeste: New London, New Haven, Bridgeport, Stamford e Greenwich. Ao noroeste a costa do condado de Westchester está densamente poboada. O estreito baña a cidade de Nova York ao oeste, onde se sitúa o Bronx, e ao suroeste onde se atopa Queens.

Vías de comunicación

[editar | editar a fonte]
Vista aérea da ponte de Throgs Neck que conecta Queens co Bronx.

O Long Island Sound é un brazo de mar con moito tráfico. Existe un servizo de transbordador que conecta a Port Jefferson no condado de Suffolk (estado de Nova York) con Bridgeport en Connecticut. Máis ao leste unha conexión a través de transbordador entre Orient Point, pequena cidade ao extremo nor-oriental da illa de Long Island con New London en Connecticut.

No extremo suroeste da canle, onde as súas augas atópanse coas do East River, construíuse a ponte Throgs Neck Bridge inaugurado en 1961 que conecta Queens co Bronx.

  1. "The Connecticut River Homepage: Adriaen Block". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2004. Consultado o 09 de setembro de 2007. 
  2. "Moriches Bay History". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2007.