Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Loge (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Loge ou Saturno XLVI, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 5.

Loge ten uns 6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 23,142 millóns de kms en 1314.364 días, cunha inclinación orbital de 166,5° respecto da eclíptica (165,3° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,139.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Logi era un xigante do lume, fillo de Fornjót, ás veces confundido co deus Loki.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]