Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ourebia ourebi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oribí»)

Ourebia ourebi

Macho

Femia (Ambos os dous no Parque Nacional das Cataratas Murchison, Uganda)
Femia
(Ambos os dous no Parque Nacional das Cataratas Murchison, Uganda)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Neotragini
Xénero: Ourebia
Laurillard, 1842
Especie: O. ourebi
Nome binomial
Ourebia ourebi
Zimmermann, 1783
Especie tipo
Antilope ourebi
Zimmermann, 1783 [2]
Área de distribución.
Área de distribución.

Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Ourebia ourebi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[3][4]

É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen nove subespecies,[5] unha delas extinta.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero describiuno en 1842 o zoólogo, paleontólogo e debuxante francés Charles Léopold Laurillard, in d'Orbigny, Dict. Univ. D'Hist. Nat., 1: 622.[3]

A especie fora descrita bastantes anos antes, en 1782, polo zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, en Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 3: 268.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Tanto o nome xenérico, Ourebia, como específico, oribi derivan do afrikaans oribi, probabelmente préstamo do khoisa (dialecto nama) dos hotentotes, arab.[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Ourebia aequatoria Heller, 1912
  • Ourebia grayi (Fitzinger, 1869)
  • Ourebia masakensis Lönnberg & Gyldenstolpe, 1925
  • Ourebia melanura (Bechstein, 1799)
  • Ourebia pitmani Ruxton, 1926
  • Ourebia scoparia (Schreber, 1836)
  • Ourebia splendida Schwarz, 1914

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, recoñécense na especie nove subespecies,[5] unha delas extinta.[3][7]

  • Ourebia ourebi dorcas Schwarz, 1914
  • Ourebia ourebi gallarum Blaine, 1913
  • Ourebia ourebi haggardi (Thomas, 1895)
  • Ourebia ourebi hastata (Peters, 1852)
  • Ourebia ourebi kenyae Meinhertzhagen, 1905
  • Ourebia ourebi montana (Cretzschmar, 1826)
  • Ourebia ourebi ourebi (Zimmermann, 1783)
  • Ourebia ourebi quadriscopa (C. H. Smith, 1827)
  • Ourebia ourebi rutila Blaine, 1922

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

En case todos os idiomas utilízase o nome africaans que, sendo palabra aguda, en galego, como en castelán, portugués e catalán, debemos escribir oribí.

Características

[editar | editar a fonte]

O oribí é un antílope pequeno de constitución grácil, con orellas ovaladas, estreitas e rematadas en punta patas esveltas e longo pescozo. Mide entre os 75 e 115 cm lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de 7 a 23 cm; a súa alzada (altura na cruz) oscila entre os 47 e so 60 cm. O seu peso varía entre os 10 e 20 kg. Só o macho presenta cornos, curtos (de 15 a 19 cm), rectos, verticais e paralelos, e rematados en punta. As femias, similares aos machos (pero sen cornos) é normalmente de maior tamaño que os machos (circunstancia rara entre os antílopes). a pelaxe é suave, sedosa, de coloración xeral parda cara amarelada (semellante á das vacas rubias) na caneza e no lombo, que contrasta co ventre branco; as patas son da mesma cor que a cabeza e o lombo, e presentan unha guedella de pelos longos nos xeeonllos; a cola é rubia apardazada, escura e coa porción final negra, notoriament despregada cando o animal corre.[8][9]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O oribí encóntrase nunha ampla variedade de hábitats, desde sabanas, arbustivas e arboradas, non lonxe de auga, chairas de inundación e pasteiros tropicais con herbas altas (de 10 a 100 cm) e pasteiros montanos a altitudes de até os 4 000 m.[8][10][11][12]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución é moi ampla na África subsahariana (de aí que teña tantas subespecies). Encóntrase en Angola, Benín, Botswana, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, ambos os Congos (a República do Congo e a República Democrática do Congo) Costa do Marfil, Eritrea, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Kenya, Lesotho, Malaui, Malí, Mozambique, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Surafricana, Ruanda Senegal, Serra Leoa, Somalia, Eswatini, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabue. Posibelmente extinta en Burundi.[1][13] (Véxase o mapa).

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Diúrno e crepuscular, e pouco activo durante as calorosas horas centrais do día, permanecendo escondido nos pasteiros altos cerca dos arbustos. Cando se sente ameazado emite asubíos agudos o esbirros ruidosos e penetrantes; así mesmo, comeza a saltar no aire coas catro patas rectas e tesas. Ten un característico paso saltarín, alternando con altos brincos ocasionais.[8][14]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Herbívoro, come habitualmente herbas dos pasteiros, pero tamén follas de arbustos. Bebe regularmente, aínda que pode absterse de facelo durante certo tempo se é necesario.[8][10]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Ourebia ourebi reprodúcese durante todo o ano, aínda que hai un pico de celo durante a estación seca.[15] Durante este último, todas as glándulas do macho redobran a súa actividade secretora. Isto pretende, por un lado, levar a cabo un marcado importante do territorio e, por outro, informar e ser recoñecido pola femia.[11] Efectuada a cópula, a xestación dura entre 195 e 210 días (5,5 a 6 meses). As crías nacen ao comezo da temporada de chuvias, e teñen un peso ao nacer non superior a 1,5 ou 2 kg. Destétase ao cabo de 2 meses, pero xa pode comer herba tenra á semana de nacer. Ambos os sexos acanzan a madurez sexual á idade dun ano (entre os 10 e os 14 meses).[10][16]

Lonxevidade

[editar | editar a fonte]

Viven de 8 a 12 ans, 14 en catividade.[10][15]

Depredadores

[editar | editar a fonte]

Os oribís son presas de leopardos, leóns, guepardos, servais, caracais, aguias, serpes pitóns, crocodilos, babuínos, chacais, hienas e licaóns.[10]

Relacións filoxenéticas

[editar | editar a fonte]

Nunha revisión da filoxenia da tribo dos antilopinos sobre a base de datos de xenes nucleares e mitocondriais en 2013, Eva Verena Bärmann (da Universidade de Cambridge) e os seus colegas informaron que a taxonomía do oribí é un taxon irmán de todaa todas as outras especies de antilopinos. O cladograma que presentaron baséase no estudo que realizaron en 2013.[17]

Oribi (Ourebia ourebi)

Saiga (Saiga tatarica)

Gerenuc (Litocranius walleri)

Antidorcas marsupialis

Eudorcas

Nanger

Gazella

Antílope da India (Antilope cervicapra)

Procapra

Raphicerus

Madoqua

Dorcatragus

  1. 1,0 1,1 IUCN (2016-01-07). "Ourebia ourebi: IUCN SSC Antelope Specialist Group: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T15730A50192202" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t15730a50192202.en. 
  2. Ourebia ourebi en MSW.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Ourebia en MSW.
  4. Ourebia ourebi' (Zimmermann, 1783) no ITIS.
  5. 5,0 5,1 Ourebia Laurillard, 1842 no ITIS.
  6. oribi no Merriam-Webster Dictionary.
  7. Skinner, J. D.; Chimimba, C. T. (2006). The Mammals of the Southern African Sub-region. Cambridge, UK: Cambridge University Press. p. 696. ISBN 978-1-107-39405-6. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Dorst & Dandelot 1973, p. 266.
  9. Haltenorth & Diller 1986, p. 56.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Haltenorth & Diller 1986, p. 57.
  11. 11,0 11,1 Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. & Kalina, J. (2013): Mammals of Africa. 6. London, UK: Bloomsbury Publishing Plc. pp. 404–12. ISBN 978-1-4081-2257-0.
  12. Skinner, J. D. & Chimimba, C. T. (2006): The Mammals of the Southern African Sub-region. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 696–698. ISBN 978-1-107-39405-6.
  13. East, R. (1999). African Antelope Database 1998. Gland, Switzerland: IUCN Species Survival Commission. pp. 290–295. ISBN 978-2-8317-0477-7. 
  14. Haltenorth & Diller 1986, pp. 56-57.
  15. 15,0 15,1 Long, J. L. (2003): Introduced Mammals of the World: Their History, Distribution and Influence. Clayton, Australia: Csiro Publishing. p. 485. ISBN 978-0-643-09916-6.
  16. Mills, G. & Hes, L. (1997): The Complete Book of Southern African Mammals (1st ed.). Cape Town, South Africa: Struik Publishers. p. 266. ISBN 978-0-947430-55-9.
  17. Bärmann, E. V.; Rössner, G. E. & Wörheide, G. (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 67 (2): 484–493.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]