Olleiras
Olleiras | |
---|---|
Olleiras nun home adulto | |
Sinónimo | Hipercromía idiopática do anel orbitario |
Especialidade | Dermatoloxía |
Síntomas | Alteración da coloración da pel baixo os ollos |
Causas | Herdanza xenética, falta de sono, cansazo, alerxia, tensión premenstrual |
Tratamento | Cremes de vitamina K, compresas frías, láser de kriptón, maquillaxe |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As olleiras, coñecidas en terminoloxía médica como "hipercromía idiopática do anel orbitario", refírense a unha alteración da coloración da pel baixo os ollos, causada pola produción excesiva de melanina e a dilatación dos capilares próximos á superficie da pel.[1]
Estas alteracións adoitan seguir a anatomía do músculo orbicular dos ollos que rodea a órbita ocular.[2]
Causas e patoxénese
[editar | editar a fonte]As causas principais inclúen factores como a herdanza xenética, falta de sono, cansazo, alerxia, e tensión premenstrual.[3]
A patoxénese das olleiras é descoñecida, aínda que algúns estudos suxiren que varios factores, incluíndo a melanocitose dérmica e a hiperpigmentación posinflamatoria, poden xogar un papel. A miúdo, as olleiras tamén están asociadas ao insomnio ou a enfermidades como a sarcopenia que resultan na perda de tecido conectivo periorbitario.[4]
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento das olleiras pode incluír o uso de cremes con vitamina K, aplicación de compresas frías, tratamento con láser de kriptón ou o uso de cosméticos para maquillalas.[5]
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]No dicionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, son descritas como unha mancha algo denegrida na pálpebra inferior, e adicionalmente, o termo pode referirse a un vaso pequeno adaptado á forma do ollo, usado para o baño da conxuntiva.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "olleiras" provén de "ollo" (do latín oculum) máis o sufixo "-eira", usado para formar substantivos relacionados coa función ou condición de algo. En portugués e outras linguas románicas ten a mesma orixe.[6][7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Olleiras". DRAG. Consultado o 14 de agosto de 2024.
- ↑ "Músculo orbicular de los ojos (origen, inserción, inervación)". anatomiatopografica.com (en castelán). 2018-11-15. Consultado o 2024-08-14.
- ↑ SofiaSantos (2019-09-18). "Olheiras: o que são, causas e tratamentos". Atlas da Saúde (en portugués). Consultado o 2024-08-14.
- ↑ Allevat, Dr. Miguel A. (2007): «Ojeras», artigo publicado na revista Actas Terapéuticas de Dermatología. 30: páxs. 202-209; 2007.
- ↑ "Adeus olheiras!". entremulheres.com.[Ligazón morta]
- ↑ S.A, Priberam Informática. "Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-08-14.
- ↑ "OJERA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-14.
- ↑ En lingua catalá dise "fer ulleres", aínda que é común o termo "anell orbitari" (anel orbitario) e "ulleres" é tamén o nome catalá para os lentes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Anemia
- Cansazo
- Circulación sanguínea
- Coláxeno
- Dermatoloxía
- Envellecemento
- Exfoliación
- Hidratación
- Inflamación
- Melanina
- Microcirculación
- Orbicular dos ollos
- Ollo humano
- Órbita (anatomía)
- Nutrición
- Pel
- Protección solar
- Sarcopenia
- Senescencia
- Sono
- Vitamina C
- Vitamina E
- Vitamina K
- Estrés
- Xestión do estrés
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |