O milagre de Anna Sullivan
O milagre de Anna Sullivan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Miracle Worker |
Director | Arthur Penn |
Produtor | Fred Coe |
Guión | William Gibson |
Baseado en | The Miracle Worker, de William Gibson |
Intérpretes | Anne Bancroft Patty Duke |
Música | Laurence Rosenthal |
Fotografía | Ernesto Caparrós |
Montaxe | Aram Avakian |
Estudio | Playfilm Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 28 de xullo de 1962 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 550 000 dólares |
Recadación | 2,5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
O milagre de Anna Sullivan (en inglés: The Miracle Worker) é un filme estadounidense de 1962 sobre Anne Sullivan, titora de Helen Keller, dirixido por Arthur Penn. O guión de William Gibson está baseado na súa obra de 1959, orixinada pola emisión en 1957 da serie de televisión Playhouse 90. A fonte orixinaria de Gibson foi The Story of My Life, autobiografía de Helen Keller de 1902.
O filme converteuse nun éxito de crítica cun moderado éxito comercial. Foi candidato a cinco premios Oscar, incluíndo o de mellor director e gañou dous, mellor actriz para Anne Bancroft e mellor actriz secundaria para Patty Duke.
Foi emitido na TVG o 17 de abril de 1992.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]A moza Helen Keller (Patty Duke), cega e xorda dende a nenez debido a un caso grave de febre escarlata, está frustrada pola súa incapacidade de comunicarse e como consecuencia ten frecuentes arrebatos violentos e incontrolables. Incapaz de tratar con ela, os seus proxenitores, aterrados e sen axuda, contactan coa Perkins School for the Blind como asistencia. A institución envía a Anne Sullivan (Anne Bancroft), antiga estudante, para que acuda ao fogar dos Keller e sexa a súa titora. O que sucede é unha batalla de vontades cando Anne rompe os muros de silencio e escuridade de Helen mediante perseveranza, amor e pura tenacidade. No medio da batalla, Anne ensina a Helen a conectar con ela.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Anne Bancroft como Anne Sullivan
- Patty Duke como Helen Keller
- Victor Jory como Captain Arthur Keller
- Inga Swenson como Kate Keller
- Andrew Prine como James Keller
- Kathleen Comegys como Aunt Ev
- Beah Richards como Viney (sen acreditar)
- Jack Hollander como Mr. Anagnos (sen acreditar)
- Michael Darden como Percy (sen acreditar)
- Dale Ellen Bethea como Martha (sen acreditar)
- John Bliss como Admissions Officer (sen acreditar)
- Judith Lowry como 1st Crone (sen acreditar)
- William F. Haddock como 2nd Crone (sen acreditar)
- Helen Ludlam como 3rd Crone (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Miracle Worker, Box Office Information". IMDb. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ Programación
- Filmes de 1962
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Arthur Penn
- Filmes sobre familias
- Filmes sobre discapacidades
- Filmes sobre educación
- Filmes biográficos
- Filmes sobre educadores
- Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados nos Estados Unidos de América
- Filmes en branco e negro
- Filmes de United Artists
- Filmes de 1962 con versión en galego