Justin Holiday
(2021) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1989 (35 anos) Mission Hills, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Mission Hills (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Campbell Hall School (en) Universidade de Washington | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala, Escolta e forward (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jrue Holiday Aaron Holiday | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Lauren Cheney, cuñada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Justin Alaric Holiday , nado o 5 de abril de 1989 no barrio de Mission Hills dos Ánxeles (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,98 m e 84 kg de peso, Holiday pode xogar nas posicións de escolta e ala. O seu maior éxito é o anel de campión da NBA conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15. É irmán do tamén xogador profesional Jrue Holiday.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fixo unha media de 5,3 puntos, 3,6 rebotes e 1,5 asistencias por partido.[1] Na súa última tempada foi elixido Defensor do Ano da Pacific Ten Conference.
Profesional
[editar | editar a fonte]Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, comezou a súa traxectoria profesional no Okapi Aalstar da liga belga, cos que xogou unha tempada na que fixo unha media de 7,3 puntos e 3,0 rebotes por partido. Ao ano seguinte regresou ao seu país para xogar nos Idaho Stampede da NBA D-League, completando unha tempada na que fixo unha media de 17,3 puntos e 5,3 rebotes por partido, sendo incluído no terceiro mellor quinteto da NBA D-League e no segundo quinteto defensivo.
En abril de 2013, asinou un contrato cos Philadelphia 76ers da NBA, onde coincidiu co seu irmán Jrue, disputando 9 partidos da tempada regular, nos que fixo unha media de 4,7 puntos e 1,7 asistencias por partido. En xullo de 2014, Holiday uniuse aos Golden State Warriors para a Liga de Verán da NBA, despois de gañar en Hungría o título de Liga e de Copa. O 8 de setembro de 2014, asinou un contrato para xogar cos Warriors. O 14 de novembro de 2014, foi asignado aos Santa Cruz Warriors, sendo reclamado ao día seguinte. Esa tempada consegue gañar o anel de campión co equipo californiano, axudando cunha media de 4,3 puntos e 1,2 rebotes en 59 partidos de liga regular. O 9 de xullo de 2015 anunciouse a súa fichaxe polos Atlanta Hawks.[2]
O 18 de febreiro de 2016, Holiday foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre os Bulls, os Hawks e os Utah Jazz.[3]
O 22 de xuño de 2016, foi traspasado ós New York Knicks xunto a Derrick Rose e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017, a cambio de José Calderón, Jerian Grant e Robin Lopez.[4]
O 3 de xaneiro de 2019, Holiday foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de MarShon Brooks, Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[5]
O 31 de xullo de 2019, Holiday asinou cos Indiana Pacers.[6]
O 8 de febreiro de 2022, Holiday foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[7]
O 6 de xullo de 2022, Holiday e Maurice Harkless foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Kevin Huerter.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Justin Holiday Stats". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ "Hawks Sign Justin Holiday To Multi-Year Contract". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2015.
- ↑ "Bulls acquire Justin Holiday". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Knicks Acquire Derrick Rose". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016.
- ↑ "Memphis Grizzlies acquire Justin Holiday from Chicago Bulls". NBA.com. 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Pacers Sign Justin Holiday; Sign Naz Mitrou-Long to a Two-Way Contract". NBA.com. 31 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Kings Acquire Kevin Huerter from Atlanta". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Justin Holiday en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1989
- Nados nos Ánxeles
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Alas de baloncesto
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Sacramento Kings