Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Julie Walters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulie Walters

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Julia Mary Walters Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Edgbaston, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPlaistow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Metropolitana de Manchester
St Paul's School for Girls (en) Traducir
Escola de Teatro de Manchester Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, escritora, actriz de cinema, actriz de teatro, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0910278 Allocine: 10044 Rottentomatoes: celebrity/julie_walters Allmovie: p74515 TCM: 540168 TV.com: people/julie-walters
BNE: XX1416404 Musicbrainz: e015dea7-63d2-40e0-b709-5122dfae23a3 Discogs: 812299 WikiTree: Walters-6028 Editar o valor en Wikidata

Dame Julia Mary Walters, CBE, nada en Birmingham o 22 de febreiro de 1950, é unha actriz e novelista británica, dúas veces candidata ao Óscar e seis veces gañadora do premio da BAFTA, en cinema e televisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Julia Mary Walters naceu no St Chad's Hospital[2] na zona de Edgbaston de Birmingham,[3] filla de Mary Bridget, carteira descendente de irlandeses, e de Thomas Walters, construtor e decorador. Walters asistiu á Holly Lodge Grammar School para rapzas de Smethwick en Holly Lane, aínda que a expulsaron debido ao seu mal comportamento. Preparouse para ser enfermeira no Hospital Queen Elizabeth de Birmingham, despois de traballar dezaoito meses.[4] O seu primeiro mozo marchou a Manchester para estudar socioloxía e, pouco despois Walters decidiu renunciar á súa carreira como enfermeira para converterse en actriz e vivir con el en Manchester, onde estudou na English and Drama at Manchester Polytechnic con bos resultados. Alí tivo de compañeiro o actor Pete Postlethwaite. Nunha entrevista con Alison Oddey, Walters dixo sobre a súa escolaridade:

Eu nunca ía ser universitaria, polo que a miña nai me suxeriu que tratase o ensino ou a enfermaría [...] Pedíronme que abandonase a escola, e eu pensei que era o mellor.[5]

1978-1999

[editar | editar a fonte]

Walters comezou a facerse famosa como compañeira ocasional da cómica Victoria Wood, que coñeceu en Manchester. Primeiro traballaron no espectáculo de revista In At The Death (1978), á que seguiu a adaptación televisiva de Wood interpretando a Talent. Despois pasaron a aparecer na súa propia serie de televisión para o canal Granada Television, Wood and Walters, en 1982. Durante os seguintes anos volveron a traballar xuntas en varias ocasións.

Despois de debutar nos escenarios londinienses con Educating Rita, Walters traballou no circuíto de teatro rexional (incluído o Everyman Theatre de Liverpool), na comedia de situación e no cabaré. O seu primeiro papel de televisón serio foi no clásico Boys from the Blackstuff en 1982, e posteriormente entrou no cinema cunha candidatura ao Óscar, un BAFTA á mellor actriz e un Globo de Ouro pola súa interpretación na adaptación cinematográfica do éxito do West End Educating Rita (1983), onde compartiu protagonismo con Michael Caine. En 1991 protagonizou con Liza Minnelli Stepping Out,[6] que incluía contribucións no guión de Victoria Wood e Alan Bennett.

Dende 2000

[editar | editar a fonte]

Walters gañou numerosos premios e foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 1999 e Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2008 polos seus servizos ao drama. En 2001, gañou un premio Olivier pola súa participación en All My Sons, de Arthur Miller. Walters recibiu a súa segunda candidatura ao Óscar e un novo premio da BAFTA polo seu papel de profesora de ballet en Billy Elliot (2000). En 2002, gañou o premio da BAFTA á mellor actriz de televisión pola súa interpretación da nai de Paul Reiser en My Beautiful Son (2001).

Ademais interpretou a Molly Weasley na serie de filmes sobre Harry Potter, que se converteron nun grande éxito de público.

En 2006, Walters quedou cuarta nunha enquisa de ITV dun total de cincuenta estrelas. Ese mesmo ano interpretou o papel principal na produción para ITV Driving Lessons xunto con Rupert Grint (que interpretou o seu fillo nos filmes de Harry Potter). Despois obtivo o papel protagonista na adaptación da BBC de The Ruby in the Smoke, de Phillip Pullman. No verán de 2006 publicou a súa primeira novela, Maggie's Tree.[7]

En 2008 apareceu na comedia Mamma Mia!, o seu segundo gran papel musical despois de Acorn Antiques. Tamén interpretou a Mary Whitehouse na produción da BBC The Mary Whitehouse Story, inspirada na vida real da coñecida activista británica.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A relación de Walters con Grant Roffey, axente da Automobile Association (AA), comezou de forma turbulenta. A parella tivo unha filla, Maisie Mae Roffey, nada Westminster en 1988, mais non casaron ata 1997, cando marcharon a Nova York. A parella vive nunha granxa orgánica dirixida por Roffey preto Plaistow (West Sussex).[9]

O 4 de agosto de 2008 revelouse que cando era nova, Walters e outras tres rapazas foron secuestradas por un descoñecido que abusou sexualmente delas: «Intentou meternos nunha casa en ruínas, e tocoume [dixo ela]. Foi un signo de asalto sexual». Walters fala detalladamente do que ocorreu na súa autobiografía That's Another Story.

Walters foi diagnosticada con cancro de intestino en fase III en 2018. Tras ser sometida a cirurxía e quimioterapia entrou en remisión. Porén, a súa recuperación supuxo que fose eliminada dalgunhas escenas de The Secret Garden e que non puidese asistir á estrea de Mamma Mia! Here We Go Again.[10]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1975 Second City Firsts Terry TV: 1 episodio
1977 The Liver Birds Girl in surgery TV: 1 episodio
1978 Me—I'm Afraid of Virginia Woolf Woman in waiting room Telefilme
1978, 1982 Play for Today Debbie/Valerie TV: 2 episodios
1979 Empire Road Jean Watson TV: 2 episodios
Talent Julie Stephens TV
1979–1981 Screenplay Frances/Julie TV: 3 episodios
1980 Nearly a Happy Ending Julie Stephens Telefilme
1981 Wood and Walters Varios papeis TV
Happy Since I Met You Frances Telefilme
BBC2 Playhouse Mrs Morgan TV: 1 episodio
1982 Boys from the Blackstuff Angie Todd TV: 1 episodio
Objects of Affection June Potter TV: 1 episodio
1983 Educando a Rita Susan "Rita" White
1984 Love and Marriage Bonnie TV: 1 episodio
1985 She'll Be Wearing Pink Pyjamas Fran
Dreamchild Dormouse (voz)
The Secret Diary of Adrian Mole, Aged 13¾ Pauline Mole TV: 5 episodios
Car Trouble Jacqueline Spong
1985–1986 Victoria Wood As Seen on TV Varios papeis TV: 13 episodios
1987 Personal Services Christina Painter
Prick Up Your Ears Elsie Orton
Theatre Night Lulu TV: 1 episodio
1986–1987 Acorn Antiques Mrs Overall TV: 6 episodios
1988 Talking Heads Lesley TV: 1 episodio: "Her Big Chance"
Buster, o roubo do século June Edwards
Mack the Knife Mrs Peachum
1989 Victoria Wood Varios papeis TV: 3 episodios
1990 Killing Dad or How to Love Your Mother Judith
1991 Julie Walters and Friends Ela mesma / Varios papeis TV
G.B.H. Mrs Murray TV: 7 episodios
Stepping Out Vera
1992 Just like a Woman Monica
Victoria Wood's All Day Breakfast Varios papeis TV
1985, 1993 Screen Two Mavis/Monica TV: 2 episodios
1993 Screen One: Wide-Eyed and Legless Diana Longden TV: 1 episodio
1994 Bambino Mio Alice Telefilme
Sister My Sister Madame Danzard
Pat and Margaret Pat Bedford Telefilme
Requiem Apache Mrs Capstan Telefilme
1995 Jake's Progress Julie Diadoni TV: 6 episodios
1996 Roald Dahl Little Red Riding Hood[11] Little Red Riding Hood / Grandma Telefilme
Intimate Relations Marjorie Beasley
Brazen Hussies Maureen Hardcastle Telefilme
1997 Bathtime Miss Gideon
Melissa Paula Hepburn TV: 5 episodios
1998 Jack and the Beanstalk Fairy Godmother Telefilme
Girls' Night Jackie Simpson
Titanic Town Bernie McPhelimy
Talking Heads 2 Marjory TV: 1 episodio: "The Outside Dog"
1998–2000 dinnerladies Petula TV: 9 episodios
1999 Oliver Twist Mrs Mann TV: 4 episodios
2000 Billy Elliot Mrs Wilkinson
2001 Lover's Prayer Princesa Zasyekin
My Beautiful Son Sheila Fitzpatrick TV
Harry Potter e a pedra filosofal Molly Weasley
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
Murder Angela Maurer TV: 4 episodios
Before You Go Theresa
2003 Calendar Girls Annie
The Return Lizzie Hunt TV
The Canterbury Tales: The Wife of Bath Beth TV
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban Molly Weasley
Mickybo and Me Mickybo's Ma
2005 Wah-Wah Gwen Traherne
Ahead of the Class Marie Stubbs TV
2006 Driving Lessons Evie Walton
The Ruby in the Smoke Mrs Holland TV
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Molly Weasley
Becoming Jane Mrs Austen
2008 Mamma Mia! Rosie
Filth: The Mary Whitehouse Story Mary Whitehouse TV
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Molly Weasley
A Short Stay in Switzerland Dr Anne Turner TV
Victoria Wood's Mid Life Christmas Bo Beaumont/Mrs. Overall TV
2010 Mo Mo Mowlam TV
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Molly Weasley
2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
Gnomeo & Juliet Miss Montague Voz
The Jury Emma Watts TV
2012 Brave Witch (voz)
Henry IV, Parts I and II, e Henry V Mistress Quickly Telefilmes
Thread of Evidence Betty Beesom
2013 Effie Gray Margaret Cox Ruskin
Justin and the Knights of Valour Gran (voz)
One Chance Yvonne Potts
The Harry Hill Movie Harry's Nan
2014 Paddington Mrs. Bird
2015–2016 Indian Summers Cynthia Coffin TV: 20 episodios
2015 Brooklyn Mrs Kehoe
Very British Problems Ela mesma / Voz TV
A Grand Night In: The Story of Aardman Narrator TV
2016 National Treasure Marie Finchley TV
2017 Our Friend Victoria Ela mesma / Varias personaxes Serie documetnal
Film Stars Don't Die in Liverpool Bella Turner
Paddington 2 Mrs Bird
Coastal Railways with Julie Walters Ela mesma / Presentadora Serie documental
2018 Sherlock Gnomes Miss Montague (voz)
Mamma Mia! Here We Go Again Rosie
Mary Poppins Returns Ellen
2019 Wild Rose Marion
2019–present Heathrow: Britain's Busiest Airport Ela mesma / Narradora Serie documental
2020 The Secret Garden Mrs Medlock
  1. Julie Walters Wins Bafta
  2. "St Chads Hospital". Bhamb14.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  3. Walters, Julie (2008). That's Another Story: The Autobiography. Londres: Weidenfeld & Nicolson. p. 2. ISBN 978-0-297-85206-3. 
  4. Walters, Julie (2008). That's Another Story: The Autobiography. Orion Publishing Co. pp. 102–23. ISBN 978-0-297-85206-3. 
  5. Performing Women: Stand-ups, Strumpets and Itinerants, por Alison Oddey, Palgrave Macmillan, 2005, páx. 305
  6. Staff, Variety (1 de xaneiro de 1991). "Stepping Out". Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  7. Saner, Emine (13 de outubro de 2006). "It was like being videoed making love". The Guardian (Londres). Consultado o 3 de abril de 2010. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2008. Consultado o 04 de abril de 2020. 
  9. "Beer, bunting and Julie Walters — village celebrates Diamond Jubilee with style". Telegraph. 2 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  10. "Julie Walters reveals bowel cancer diagnosis". The Guardian. 20 de febreiro de 2020. 
  11. "Roald Dahl's Little Red Riding Hood". BBC. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]