Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Juan Manuel Rodríguez Seijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Manuel Rodríguez Seijo
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Estrada
21 de febreiro de 1936 – 5 de maio de 1936 – Jesús Puente Fontanes →
Alcalde da Estrada
1931 – 1934
← José Mario de Silva Gómez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Juan Manuel Rodríguez Seijo, nado na Estrada o 26 de novembro de 1866 e finado no mesmo concello o 4 de xullo de 1957, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Perito agrícola. Foi concelleiro agrario da Estrada en 1916 e volveu ser elixido concelleiro en 1922.[1] Ao proclamarse a República foi nomeado presidente da xunta xestora da que formaban parte Perfecto Porto Fraiz, José Caramés Pazos, José Álvarez, José María Pena e Albino Chao Coro. Foi elixido concelleiro nas eleccións celebradas o 31 de abril de 1931 e nomeado alcalde da Estrada en maio de 1931. Presidiu a Corporación ata o 24 de xuño de 1933, cando foi incapacitado pola corporación.[2] Foi reposto pola Audiencia Provincial. Cesou no cargo en agosto de 1934.[3] Foi deputado provincial. Militante de Acción Republicana, foi elixido vocal do Consello provincial en agosto de 1933. Integrouse despois en Izquierda Republicana, e foi elixido membro do Consello provincial de Pontevedra pola Estrada en xaneiro de 1936.[4]

O 21 de febreiro de 1936 foi reposto como alcalde da Estrada xunto cos concelleiros cesados en 1934, e permaneceu no cargo ata o 5 de maio de 1936, cando se constituíu unha comisión xestora municipal presidida por Jesús Puente Fontanes. Finou na Estrada o 4 de xullo de 1957.[5]


Predecesor:
José Mario de Silva Gómez
 
Alcalde da Estrada
 
1931 - 1934
Sucesor:
Arturo Otero Ulloa
Predecesor:
Severino Vila Caramés
 
Alcalde da Estrada
 
1936
Sucesor:
Jesús Puente Fontanes


  1. El Progreso, 12-2-1922, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-6-1933, p. 12.
  3. El Emigrado, 16-8-1934, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 14-1-1936, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 7-7-1957, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]